O Fortnite Battle Royale é un videoxogo de balde pertencente ó xénero de Battle Royale desenvolvido e publicado por Epic Games. Foi lanzado coma un título con acceso anticipado para o Microsoft Windows, o macOS, a PlayStation 4 e a Xbox One o 26 de setembro do 2017, para o iOS o 2 de abril do 2018, e para o Android o 9 de agosto do 2019. Foi lanzado na consola Nintendo Switch o 12 de xuño do 2018. É un spin-off do Fortnite: Save the World, un cooperativo xogo de supervivencia con elementos de construción.
Coma xogo de Battle Royale, o Fortnite Battle Royale conta con até 100 xogadores, só, en dúos ou en escuadróns de até catro xogadores, tentando ser o último xogador con vida matando outros xogadores ou evadíndoos, á vez que se mantén dentro dunha zona segura que se encolle de xeito constante para evitar recibir danos letais por estar fóra dela. Os xogadores teñen que procurar armas para gañar vantaxe sobre os seus opoñentes. O xogo engade o elemento de construción de Fortaleza; os xogadores poden rachar a maioría dos obxectos no mundo do xogo para gañar recursos que poden empregar para construír fortificacións coma parte da súa estratexia. O xogo ademais conta cun xogo multiplataforma limitado entre a PlayStation 4, a Xbox One e a Nintendo Switch, versións para computadora e versións para móbiles.
A idea do Fortnite: Battle Royale achegouse ó lanzamento de Fortnite a mediados do 2017. Tralo lanzamento anticipado do PlayerUnknown's Battlegrounds en marzo do 2017 e o seu rápido crecemento, Epic Games viu a oportunidade de crear un modo de battle royale a partir do Fortnite. Epic Games lanzouno como un modo dentro do xogo, pero máis tarde converteuse nun xogo independente e de balde, soportado por microtransaccións que non requiría o xogo base Fortnite.
Xogabilidade O xogo principal do Fortnite Battle Royale segue o formato estándar do xénero Battle Royale: até 100 xogadores voan dende autobuses flotantes a un mapa cunhas dimensións lóxicas, que inclúe distribución ao chou das armas, armadura e outros elementos de apoio ó combate. O obxectivo é ser o derradeiro xogador vivo (ou equipo, se xogas en equipos pequenos) matando ou evitando outros xogadores. Co tempo, a zona segura do xogo (que representa o ollo dunha tormenta que está a devastar o mundo), diminúe de tamaño, e os xogadores atrapados fóra da zona recibirán dano, potencialmente morrendo. Se sobrevive moita xente, o ollo da tormenta desaparecerá facendo unha morte súbita. Isto dirixe os xogadores sobreviventes a espazos máis estreitos e cara ó centro do mapa, forzando os encontros dos xogadores. Os xogadores poden rapinar os inimigos derrotados. Produciranse caídas aleatorias de subministracións durante unha partida, fornecendo armas e obxectos ao chou.
Este modo o cal segue unha mecánica de xogo semellante a outros xogos de batallas reais, particularmente de PlayerUnknown's Battlegrounds, ademais de admitir até cen xogadores, xa sexan individuos ou escuadróns de até catro persoas, que tentan ser a derradeira persoa ou equipo en pé mentres cazan outros xogadores e evitan que os maten eles mesmos, distínguese porque todos os xogadores comezan con máis nada que cun pico para recoller recursos, e lánzanse en paracaídas ó mapa. Unha vez que aterran, poden procurar armas, armaduras e recursos, o último dos cales se pode empregar para facer estruturas do mesmo xeito que no modo "Salvar o mundo". Co tempo, unha tormenta arrodea a área e fai que a área "segura" do mapa diminúa cada vez máis de tamaño. Unha vez que a área segura se reducise ó círculo máis pequeno no mapa (un círculo delgado e branco), xerará, nunha localización ao chou, un círculo máis pequeno dentro del. Aqueles que son atrapados fóra da área reciben dano e potencialmente morren se permanecen fóra por moito tempo. Tamén hai caídas ao chou de recursos, armas e artigos que poden requirir que os xogadores constrúan pisos e ramplas para acceder, con diferentes elementos ao chou determinados pola rareza. Os xogadores poden empregar cartos reais para mercar diñeiro no xogo, que se pode empregar para mercar artigos cosméticos.
Durante o evento The Game Awards 2017, levado a cabo o 7 de decembro do 2017, Epic Games anunciou e lanzou un modo "50 contra 50", de tempo limitado para o battle royale, o primeiro de varios modos de xogo planificados. Neste, os xogadores son asignados ao chou a un dos dous equipos, e xogan até que só quedan membros dun equipo, co resto de mecánicas de battle royale no seu lugar. O modo alenta os xogadores dun equipo a traballar xuntos para recoller recursos anticipándose ás áreas seguras máis pequenas, e despois a construír fortalezas cando a área segura é o suficientemente pequena, protexendo as súas propias fortificacións mentres tentan danar os outros equipos e rematar cos xogadores faltantes.
A principal distinción do "Fortnite Battle Royale" con respecto a outros xogos de Battle Royale é o sistema de construción. Case todos os obxectos da contorna pódense descompor en materiais (madeira, pedra e metal), que logo se poden empregar para construír fortificacións de durabilidade limitada, como paredes, escadas e ramplas. Estes obxectos poden ser empregados para axudar a atravesar o mapa, protexer o xogador de disparos ou retardar a progresión doutros xogadores.
O videoxogo é de tipo gratuíto, apoiado por microtransaccións que permiten aos xogadores comprar "V-Bucks" (pavos), a moeda interna do xogo. V-Bucks tamén se comparten co xogo principal "Fortnite" "Save the World", que ofrece aos xogadores a oportunidade de gañar V-Bucks completando misións ou misións diarias. Os V-Bucks poden ser usados para comprar melloras para o xogador (heroes, skins de personaxes e emotes). Os V-Bucks tamén se poden utilizar para comprar Pases de Batalla que aceleran a velocidade á que un xogador aumenta o seu nivel dentro das "tempadas" do xogo (cada tempada dura uns meses). Ao elevar o seu nivel, obteñen recompensas automáticas de artigos cosméticos tipicamente ao redor dun tema. Os xogadores poden aumentar os niveis sen un pase de batalla, aínda que a un ritmo máis lento.
Desenvolvemento O Fortnite fora revelado por primeira vez por Epic Games en 2011, considerado coma unha combinación do Minecraft e do Left 4 Dead na que catro xogadores traballarían xuntos para procurar recursos para construír fortificacións, trampas, armas e outros obxectos para sobrevivir ós ataques de monstros. O xogo rematou cun longo período de desenvolvemento, en parte debido a presións externas, coa industria trasladándose a un modelo de videoxogos como servizo, e cambios internos de enfoque dentro de Epic (que incluía centrar a atención no seu primeiro título de balde Paragon) para facer fronte ós retos externos. Durante este período, Epic fixo un trato con Tencent, outorgándolles ó redor do 40% da compañía a cambio do seu apoio ós xogos como servizo, así como acceso doado ó mercado chinés de videoxogos. Ó Fortnite, confirmóuselle un lanzamento para o 2018 en xuño do 2017, cun período pago de acceso anticipado comezando un mes máis tarde; o xogo está formulado doutro xeito como un título de balde soportado por microtransaccións. Coa liberación no acceso temperán, o xogo contou co seu modo de xogo principal, "Salvar o Mundo", onde os xogadores en equipos de até catro traballarían en cooperación para sobrevivir e completar os obxectivos en mapas xerados ao chou.
Durante a outra parte do desenvolvemento do Fortnite, o PlayerUnknown's Battlegrounds (PUBG) foi lanzado en computadoras persoais nun acceso temperán, e axiña converteuse nun xogo popular e exitoso, converténdose no exemplo definitorio do xénero battle royale. De acordo con Mustard, ó equipo de Epic Games «encantáballe os xogos de tipo battle royale, coma o PUBG», e explorou de que xeito poderían facer un modo semellante no Fortnite. Mantiveron este modo nun equipo de desenvolvemento separado do xogo principal para a experimentación e para non perder o equilibrio no xogo principal. O desenvolvemento do modo Battle Royale foi dirixido por Eric Williamson con Zack Estep coma líder de produción. O seu obxectivo era desenvolver axiña o modo Battle Royale dende o modo central "Salvar o Mundo", pospondo todas as funcións complexas que aínda non estaban no seu lugar para lanzar o novo modo canto antes; mentres pescudaban esas ideas potenciais, mantivéronse fóra da inclusión até após o lanzamento do modo principal. O desenvolvemento do modo Battle Royale delongou aproximadamente dous meses, comezando en xullo do 2017 tralo lanzamento do modo "Salvar o Mundo", e contou coa axuda do equipo do Unreal Tournament. As principais diferenzas entre os modos Battle Royale e Salvar o Mundo eran que o primeiro incluía unha progresión máis limitada para as armas, un pequeno subconxunto de trampas e un terreo máis natural e suave para os mapas. Tamén querían apuntar por partidas que non demoraran máis de 25 minutos, o que levou a que algunhas das decisións que afectaban os elementos de "Salvar o Mundo" non se cumprirían. Tiñan incluído as mecánicas de construción do Fortnite para as fortificacións sen saber como os xogadores empregarían iso dado que a zona segura seguiría encolléndose, pero descubriron axiña que as mecánicas axudaban a distinguirse do xogo do PUBG e foi empregado adoito por xogadores expertos para gañar partidos, e dende entón puxo en marcha máis funcións para axudar os xogadores a construír axiña bases temporais. miniatura|300x300px|O Fortnite Battle Royale na xuntanza Game Developers Conference do 2018 Neses dous meses de desenvolvemento, o plan de Epic era incluír o Battle Royale dentro do xogo pago do Fortnite, e orixinalmente anunciou este enfoque publicamente a principios de setembro do 2017. Só dúas semanas antes do seu lanzamento, Epic decidiu convertelo nun free-to-play independente, pensando que se o engadira no xogo pago frearía o crecemento do título. Epic anunciou esta mudanza de xeito formal ó redor dunha semana após anunciar por primeira vez o Battle Royale, permitindo que aqueles que mercaran o acceso anticipado a Fortnite en anticipación a este modo solicitasen reembolsos. Este lanzamento, que se adiantou ó Battlegrounds nas consolas, causou certa preocupación ó desenvolvedor do PUBG, xa que estiveran traballando estreitamente con Epic para o suporte do motor Unreal no Battlegrounds, e estaban preocupados de que Fortnite puidese incluír funcións planificadas no seu modo Battle Royale antes de que puidesen liberalos no Battlegrounds.
Coa popularidade do Fortnite: Battle Royale para o comezo do 2018, Epic Games separou un equipo de desenvolvemento para enfocarse nas melloras dese modo. Epic Games declarou que a súa atención a Fortnite estaba a causar que algúns das súas outros xogos visen unha cantidade de xogadores máis baixa, o que os levou a reducir os esforzos de desenvolvemento nestes xogos, particularmente Paragon. Para finais de xaneiro do 2018, Epic Games anunciou que pecharía completamente Paragon en abril dese ano, ofrecendo reembolsos a todos os xogadores. Usuarios dun foro de Reddit dedicado a Fortnite expresaron a súa preocupación de que un destino semellante podería ocorrerlle ó modo Salvar o Mundo, xa que dende o lanzamento do modo Battle Royale, este non recibiu a mesma atención en canto a recibir actualizacións e melloras.
Localización Tencent, o propietario parcial de Epic Games, levará Fortnite Battle Royale á China; a compañía xa está involucrada en traer e apoiar ó Battlegrounds na China tamén. Tencent planea investir até 15 millóns de dólares para axudar a promover o xogo na China, estabelecer torneos eSports e loitar contra as infraccións de dereitos de autor e os clons do Fortnite que apareceron no país. Epic tamén está a traballar con Neowiz Games para levar unha versión de Fortnite ós cibercafés de Corea para o segundo trimestre do 2018.
Versións