Channing Thomas Frye, nado en White Plains, Nova York, o 17 de maio de 1983, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xogou durante 14 tempadas na National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Frye foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2005 polos New York Knicks. Ó remate da súa tempada de rookie, foi incluído no mellor quinteto de rookies da tempada 2005-06.

O 28 de xuño de 2007, Frye foi traspasado xunto a Steve Francis ós Portland Trail Blazers, a cambio de Zach Randolph, Fred Jones e Dan Dickau.

O 14 de xullo de 2009, Frye asinou cos Phoenix Suns un contrato de dous anos e 3.8 millóns de dólares. En febreiro de 2010, Frye foi elixido para xogar o concurso de triplas do All-Star Weekend da NBA, converténdose no primeiro pivote en participar dende Sam Perkins en 1997. O 8 de xullo de 2010, Frye asinou un novo contrato cos Suns por cinco anos e 30 millóns de dólares.

O 14 de xullo de 2014, Frye asinou cos Orlando Magic un contrato por catro anos e 32 millóns de dólares.

O 18 de febreiro de 2016, Frye foi traspasado ós Cleveland Cavaliers a cambio de Jared Cunningham e unha futura elección da segunda rolda do Draft.

O 8 de febreiro de 2018, Frye foi traspasado xunto a Isaiah Thomas e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018 ós Los Angeles Lakers, a cambio de Jordan Clarkson e Larry Nance, Jr..

O 19 de xullo de 2018, Frye asinou cos Cleveland Cavaliers. O 1 de marzo de 2019, Frye anunciou que a tempada 2018-19 sería a súa derradeira tempada coma xogador profesional.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers