miniatura|250px|Parella de Collocalia esculenta descansando debaixo dun balcón. miniatura|250px|Individuo de Collocalia esculenta descansando nunha cova. miniatura|250px|Ovos de Collocalia esculenta.

Collocalia esculenta, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos, unha das catro integradas no xénero Collocalia.

Propia da illa indonesia de Sulawesi, estendéndose cara ao leste até Nova Guinea, o arquipélago de Bismarck e as illas Salomón; como todas as salanganas, refúxiase pola noite e nidifica en covas.

A especie tipo son os espécimes que viven en Ambón, unha das illas Molucas de Indonesia.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Carl von Linné (Linnaeus), na 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Hirundo esculenta (debido a que, pola súa morfoloxía, semellaba ser unha anduriña).

Etimoloxía Para a do xénero, véxase Collocalia.

O epíteto específico, esculenta, é o feminino do adxectivo latino ēsculentus. -a, -um, "comestíbel", "bo como para comer".

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, a especié coñécese tamén polo protónimo que lle deu Linneo: Hirundo esculenta Linnaeus, 1758

Nomes vulgares Debido á brillantez da súa plumaxe, que contrasta coa doutras salanganes, que a teñen mate, na maioría dos idimoas coñécese co nome de salangana lustrosa (coas adaptacións propias de cada lingua).

Subespecies Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC), organización cuxas decisións seguen a maioría dos ornitólogos, recoñece na actualidade (2019) as 17 subespecies seguintes:Ver Collocalia na páxina Order Apodiformes na IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 18 de outubro de 2019.

Collocalia esculenta (Linnaeus, 1758) C. e. minuta Stresemann, 1925 C. e. esculenta (Linnaeus, 1758) C. e. manadensis Salomonsen, 1983 C. e. spilura G. R. Gray, 1866 C. e. amethystina Salomonsen, 1983 C. e. numforensis Salomonsen, 1983 C. e. nitens Ogilvie-Grant, 1914 C. e. misimae Salomonsen, 1983 C. e. tametamele Stresemann, 1921 C. e. stresemanni Rothschild & Hartert, 1914 C. e. heinrothi Neumann, 1919 C. e. spilogaster Salomonsen, 1983 C. e. hypogrammica Salomonsen, 1983 C. e. lagonoleucos Schodde, Rheindt, & Christidis, 2017 C. e. becki Mayr, 1931 C. e. makirensis Mayr, 1931

Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS) recoñece 32,Collocalia esculenta (Linnaeus, 1758) no ITIS. o mesmo que BioLib. Glossy Swiftlet. Collocalia esculenta (Linnaeus, 1758) en BioLib.

Características Collocalia esculenta mide de 9 a 11,5 cm de lonxitude. A súa plumaxe é brillante, de cor negra azulada polas partes superiores, incluíndo o píleo; ás veces se ve negra e cunha carapucha. A peituga é negra; o ventre e os flancos son brancos con finas moutas negras nas marxes. As puntas das ás son arredondadas, e as partes inferiores delas, negras. A cola é arredondada cunha fendedura pouco profunda e pequenas bandas brancas. É tan semellante a Aerodramus spodiopygius que deben observarse tanto as súas partes superiores como as inferiores de ambas as aves para distinguilas.Simpson, Ken & Day, Nicholas (1999): Birds of Australia. Princenton, Nova Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-6911-4692-6}.

Comportamento Esta especie nidifica dentro de covas e edificios, contruíndo os niños en superficies verticais ou debaixo de estruturas ou superficies horizontais, segregando un xel pegañento e unindo unha especie de herba en forma de corda á súa superficie. Pode verse voando sobre bosques, ríos, regatos e camiños, cazando insectos en voo.

Parellas de Collocalia esculenta consideráronse como posíbeis padres adoptivos para restauraren poboacións en perigo de extinción de Aerodramus fuciphagus nas Illas Andamán.Sankaran, R. (1998): The impact of nest collection on the Edible-nest Swiftlet in the Andaman and Nicobar Islands. Sálim Ali Centre for Ornithology and Natural History, Coimbatore, India.

Distribución Collocalia esculenta distribúese pola India, Myanmar, Tailandia, Malaisia, Singapur, Indonesia, Timor, Brunei, Illas Christmas, Filipinas, Papúa-Nova Guinea, Illas Salomón, Vanuatu e Nova Caledonia. E é divagante en Australia. Non é migrante.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, a pesar de que a tendencia de poboación parece diminuír, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para aproximarse aos limiares de "vulnerábel", polo que a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2016): Collocalia esculenta na lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 17 de outubro de 2019.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Camfield, Alaine (2004): Apodidae. Na Animal Diversity Web. Chantler, P. (1999): Family Apodidae (Swifts). En: J. del Hoyo, A. Elliott & J, Sargatal, eds. Handbook of the Birds of the World, Vol. 5. Barn-owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2. Christidis, L. & Boles, W. E. (2008): Systematics and Taxonomy of Australian Birds. Collingwood, Victoria, Australia: CSIRO Publishing. ISBN 978-0-6430-6511-6. del Hoyo, J.: Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1. Hobbs, Joseph J. (2004): "Problems in the harvest of edible birds' nests in Sarawak and Sabah, Malaysian Borneo". Biodiversity and Conservation 13 (12): 2209-2226. Jordan, David. (2004): "Globalisation and Bird's Nest Soup". International Development Planning Review 26 (1): 97-110. Lourie, S. A. & Tompkins, D. M. (2000): The diets of Malaysian swiftlets". Ibis 142 (4): 596-602. Marcone, Massimo F. (2005): "Characterization of the edible bird's nest the "Caviar of the East". Food Research International 38 (10) :1125-1134. Price, Jordan J.; Johnson, Kevin P. & Clayton, Dale H. (2004): "The evolution of echolocation in swiftlets". Journal of Avian Biology 35 (2): 135-143. Texto completo . Thomassen, Henri A.; Tex, Robert-Jan; Bakker, Merijn A.G. & Povel, G. David E. (2005): "Phylogenetic relationships amongst swifts and swiftlets: A multi locus approach". Molecular Phylogenetics and Evolution 37 (1): 264-277. Thomassen, Henri A. & Povel, G. David E. (2006): "Comparative and phylogenetic analysis of the echo clicks and social vocalizations of swiftlets (Aves: Apodidae)". Biological Journal of the Linnean Society'' 88 (4): 631–643.

Outros artigos Apodiformes Apódidos Colocaliinos

Ligazóns externas Collocalia esculenta na ADW. Glossy Swiftlet. Collocalia esculenta (Linnaeus 1758) na EOL.

Categoría:Apódidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Aves de Australia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné