Vojislav Šešelj, nado en Saraxevo o 11 de outubro de 1954, é un político serbio, fundador e presidente do Partido Radical Serbio e condenado por crimes contra da humanidade e mais de guerra polo Tribunal Penal Internacional para a exIugoslavia.

Traxectoria

miniatura|Šešelj con Vuk Drašković e Milan Mladenović en 1990 mentres retiran un retrato de Josip Broz Tito do Colexio de Enxeñeiros de Belgrado Vojislav naceu na capital de Bosnia e Hercegovina, seus pais eran serbios procedentes do val do Popovo, no leste de Hercegovina. Seu pai, Nikola Šešelj traballaba nos ferrocarís e súa nai, Danica Šešelj, no fogar.

Estudou primaria e secundaria na súa cidade natal e en 1971 recibiu unha invitación para entrar na Liga dos Comunistas de Iugoslavia por mor do labor realizado nunha brigada de traballo xuvenil no terremoto de Banja Luka de 1969. Despois de rematar o instituto en 1973 principiou os estudos de dereito na Universidade de Saraxevo e graduouse en 1976. No ano seguinte recibiu o mestrado coa tese Marksistički koncept naoružanog naroda e leu a súa tese de doutoramento na Universidade de Belgrado en 1979, Politička suština militarizma i fašizma, converténdose na persoa máis nova en ler unha tese de doutoramento en Iugoslavia "Profile: Vojislav Seselj". BBC News, 7 de novembro de 2007. Entre decembro de 1979 e novembro de 1980 realizou o servizo militar obrigatorio e a partir de setembro de 1981 deu clases na facultade de ciencias políticas da Universidade de Saraxevo e estableceu vínculos cun grupo de intelectuais disidentes próximos ao nacionalismo serbio e entrou en conflito coas autoridades comunistas bosníacas, situación que se agravou, cando nunha loita directa por un posto de axudante, acusou de plaxiar a súa tese de doutoramento Brano MiljušVasić, Miloš. "Vojislav Seselj, SRS Leader and Member of the Federal Parliament" . Vreme, 23 de maio de 1994, secretario dos comunistas de Saraxevo, e protexido dos líderes comunistas bosníacos Hamdija Pozderac e Branko Mikulić. En decembro de 1981 a Liga Comunista expulsou a VojislavYves Tomic. The Ideology of a Greater Serbia in the Nineteenth and Twentieth Centuries: political ideas of Vojislav ŠEŠELJ. International Criminal Tribunal for the Former Yugoslavia e despois tivo que deixar a universidade, relegado ao Instituto de Investigación Social. Tras varios arrestos nos primeiros meses de 1984 de curta duración, a policía detívoo o 15 de maio, e o 9 de xullo un tribunal sentenciouno a 8 anos de prisión por actividades contrarrevolucionarias e pór en perigo a orde socialJović, Dejan (2009). Yugoslavia: A State that Withered Away. Purdue University Press, p. 231. Pasou os primeiros nove meses en Saraxevo e en xaneiro de 1985 transferírono á prisión de Zenica, pasou seis meses confinado en soidadePaul R. Bartropp (2012) A Biographical Encyclopedia of Contemporary Genocide: Portraits of Evil and Good Santa Barbara: ABC-CLIO, p. 294, e finalmente logo de 22 meses saíu en liberdade en marzo de 1986 e aveciñouse en Belgrado. En 1989 realizou unha xira polos Estados Unidos entre a comunidade serbia emigrada, e o líder chetnik Momčilo Đujić nomeouno voivoda dos chetniks, título que lle retiraría en 1998 pola súa colaboración con Slobodan MiloševićDavid Blinder "Momcilo Djujic, Serbian Priest and Warrior, Dies at 92". New York Times, 13 de setembro de 1999. A primeiros de 1990 foi con Vuk Drašković e Mirko Jović un dos fundadores do partido Rexurdimento Nacional SerbioBartrop, Paul R. (2012). A Biographical Encyclopedia of Contemporary Genocide. Santa Barbara: ABC-CLIO, p. 294 que deixou en marzo canda Drašković para formar o Movemento de Rexurdimento Serbio. En maio Šešelj fundou un novo partido, o Movemento Chetnik Serbio, ao que lle denegaron a inscrición polo seu nome. No outono volveu a prisión por recrutar voluntarios para as milicias serbias de Croacia pero ao pouco quedou libre Louis Sell (2003) Slobodan Milosevic and the Destruction of Yugoslavia. Duke University Press, p. 327 e participou nas eleccións presidenciais de decembro de 1990, logrando o cuarto lugar co 1,91% dos votos Holm Sundhaussen (2014) Jugoslawien und seine Nachfolgestaaten 1943-2011: Eine ungewöhnliche Geschichte des Gewöhnlichen Böhlau:Wien, p. 299. O 23 de febreiro de 1991 fundou o Partido Radical Serbio e en xuño entrou como deputado electo no Parlamento. Nas súas intervencións exhibiu un claro carácter expansionista, a prol da creación dunha Gran Serbiaque unificase todas as rexións da antiga Iugoslavia habitadas por serbios.

Despois das eleccións parlamentarias de finais de 1992 o partido de Šešelj apoiou un goberno en minoría encabezado polo Partido Socialista de Serbia de Milošević Holm Sundhaussen (2013) Jugoslawien und seine Nachfolgestaaten 1943-2011: Eine ungewöhnliche Geschichte des Gewöhnlichen. Böhlau:Viena 2012, p. 461 acordo que se rompeu en 1993 logo de se afastar Milošević da República de Serbia por mor do plan de paz Vance-Owen. Šešelj pasou a atacar duramente a Milošević. Condenado a prisión dúas veces por incidentes no parlamentoThomas Lansford (ed, 2013) Political Handbook of the World 2013. CQ Press, p. 1264e por organizar unha manifestación non autorizada na localidade kosovar de Gjilan Sabrina P. Ramet (ed, 2000): The radical right in Central and Eastern Europe since 1989. Pennsylvania State University Press, p. 208. Malia se referir a Milošević, tras o acordo de Dayton, como o meirande traidor ao pobo serbio logo das eleccións de 1997 o seu partido e o de Milošević chegaron a un acordo para gobernaren en coalición, con Šešelj como viceprimeiro ministro Holm Sundhaussen (2012) Jugoslawien und seine Nachfolgestaaten 1943-2011: Eine ungewöhnliche Geschichte des Gewöhnlichen. Böhlau: Viena, p. 461. miniatura|Šešelj en carteis electorias en 2012 Nas eleccións presidenciais serbias de 2002 logrou o 23,36 % dos votos e a terceira praza tras Vojislav Kostunica e Miroljub Labus, recibiu mesmo o apoio de Milošević dende o cárcere da Haia malia Louis Sell (2002) Slobodan Milosevic and the Destruction of Yugoslavia. Duke University Press, p. 372 o seu partido presentar o seu propio candidato, Velimir „Bata“ Živojinović.

No remate do mes de febreiro de 2003 Šešelj entregouse ao Tribunal Penal Internacional para a exIugoslavia (TPIY) que o acusaba de "oitoo cargos de crimes de lesa humanidade e seis de violacións das leis ou usos da guerra pola súa presunta participación nunha empresa criminal conxunta".

Nas eleccións parlamentarios do 28 de decembro de 2003 o partido de Šešelj foi a primeira forza co 27,7 % pero non logrou apoio ningún para formar goberno e polo tanto permaneceu na oposición Alexander Motyl (2994) Nations in Transit 2004: Democratization in East Central Europe and Eurasia Freedom House, p. 498 (eingeschränkte Vorschau in der Google-Buchsuche).. Nas eleccións de xaneiro de 2007 logrou outra volta a primeira praza, co 28,7 % e de novo permaneceu na oposición. Nas eleccións anticipadas de 2008 subiu ata o 29,45 % pero só o segundo lugar tras da coalición europeísta dirixida por Boris Tadić.

O Tribunal concedeulle a Šešelj a liberdade condicional en novembro de 2014 para asistencia médica por mor dun cancro e volveu a Serbia. O 31 de marzo de 2016 o tribunal declarouno non culpable mais tras unha apelación o 11 de abril de 2018 os xuíces do MICT (sucesor do TPII) condenárono a dez anos de cadea por crimes contra da humanidade, incluíndo a deportación de croatas da vila de Hrtkovci, pero non volveu a prisión ao superaren os anos en custodia a pena.

Notas

Categoría:nados en 1954 Categoría:Nados en Saraxevo Categoría:Políticos de Serbia Categoría:Alumnos da Universidade de Saraxevo Categoría:Criminais de guerra