A estiba é unha serie galega de suspense, acción e drama, producida por Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia, que xira ao redor das descargas ilegais que se cometen no porto da ficticia cidade de Ardora. Emitiuse por primeira vez o 22 de setembro de 2019 en horario de máxima audiencia. A primeira tempada constou de 17 episodios.
Sinopse No mesmo día no que Manuela Fortes (Melania Cruz) volve a Ardora, para substituír a seu pai Emilio (Luís Iglesia) á fronte da comisaría, un barco atraca no porto con toda a súa tripulación masacrada. Cando os axentes de policía tentan investigar o acontecido, atópanse con que no porto, controlado polo vello coñecido da policía César Longueira (Adrián Castiñeiras) rexe unha soa lei, a do silencio.
Elenco
Melania Cruz como a comisaria Manuela Fortes. Adrián Castiñeiras como César Longueira. Luís Iglesia como o ex comisario Emilio Fortes. Antea Rodríguez como Cruz Fortes. Desiré Pillado como Rosalía Fortes. Fran Lareu como Ramiro. Ana Santos como Josefa. Machi Salgado como Salvador Longueira. Nacho Nugo como Antón Longueira. David Novas como Marcos. Humy Donado como Mercedes. Héctor Carballo como Kubala. Paula Cereixo como Estela. Lois Soaxe como Castor. Fernando Dacosta como Miguel. Will Shephard como Lucas. Abigail Montiel como Eva. Nuncy Valcárcel como Sofía. Marcos Orsi como Lionel Barbosa.
Episodios e audiencias Tempada Nº Episodios Estrea Final Audiencia media Espectadores Cota 1 17 22 de setembro de 2019 26 de xaneiro de 2020 77.000 9% Total 2019
Primeira tempada: 2019-2020 N.º(serie)TítuloDirectorGuionista(s)Data de emisiónEspectadoresCota de pantalla
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A estiba na web da CRTVG
Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión en lingua galega