Antoon Emeric Marcel De Roo, nado o 26 de agosto de 1936 en Roeselare, provincia de Flandres Occidental, e finado o 25 de febreiro de 1971, foi un ornitólogo belga que estudou aves africanas.
Traxectoria De Roo xa estaba cientificamente activo antes de recibir a súa licenciatura en bioloxía na Katholieke Universiteit te Leuven (Universidade Católica de Lovaina) en 1959. Xunto co seu amigo Paul Houwen observou durante a súa época de estudante as colonias de aves de Roeselare. En 1954 converteuse en membro do Centro belga de aves, onde se centrou principalmente na marcaxe, medición e exame das aves do grupo das salanganas.
De Roo estudou as aves do "Musée Royal de l'Afrique Centrale" de Tervuren, municipio belga da provincia do Brabante Flamengo.Journal für Ornithologie, 1971
En 1967, De Roo describiu e nomeou a especie Chlorocichla prigoginei,Chlorocichla prigoginei De Roo, 1967 no ITIS. unha paseriforme da familia dos picnonótidos,Zoonomen endémica do leste da República Democrática do Congo.BirdLife International (2016): Chlorocichla prigoginei na Lista vermella da UICN.
Así mesmo, en 1968 tamén describiu o deu o nome ao xénero da familia dos apódidos Schoutedenapus,Schoutedenapus De Roo, 1968 no ITIS. da tribo dos colocaliinos.
Abreviatura A abreviatura De Roo emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en Zooloxía.
Véxase tamén Ligazóns externas
Notas
Categoría:Científicos de Bélxica Categoría:Ornitólogos de Bélxica Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados na provincia de Flandres Occidental Categoría:Finados en 1971