7 é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de dream pop Beach House, publicado o 11 de maio de 2018 a través do selo Sub Pop. O disco segue ao recompilatorio B-Sides and Rarities editado en 2017, que serviu como unha provervial "limpeza do armario" para abrir o comiño a un novo proceso creativo.

O álbum non foi producido por Chris Coady, que traballara durante moito tempo co grupo, e no seu lugar a banda colaborou con Sonic Boom, aínda que non tiña un produtor "no sentido tradicional". A gravación do disco durou uns 11 meses, a diferenza dos rápidos procesos de anteriores traballos, comezando no estudio caseiro do dúo en Baltimore e rematando nos estudios Carriage House e Palmetto Studio. 7 foi aclamado pola crítica musical, que loubou a natureza aventureira do disco e a consistencia da banda, con algúns críticos dicindo que se trataba do mellor traballo do dúo ata a data.

Editáronse cinco sinxelos do álbum: "Lemon Glow", "Dive", "Dark Spring", "Black Car" e "Lose Your Smile".

Gravación A diferenza dos discos anteriores, Beach House tomou o seu tempo co proceso de gravación de 7. En lugar dunha longa sesión de estudio, gravaron lotes de cancións cando estaban inspirados, o que resultou en cinco mini-sesións ao longo de once meses en 2017. Todos os temas do álbum iniciáronse no estudio caseiro do dúo en Baltimore, chamado Apple Orchard Studios, e rematáronse en Carriage House en Stamford, Connecticut, con "Lose Your Smile" e "Woo" sendo gravados no Palmetto Studio dos Ánxeles. A banda afirmou que o seu obxectivo durante todo o proceso de gravación do álbum foi o "renacemento e o rexuvenecemento", continuando: "Queriamos repensar os métodos antigos e eliminar algunhas limitacións autoimpostas. No pasado, moitas veces limitabamos a nosa escritura a partes que podíamos interpretar en directo. En 7, decidimos seguir o que viña de forma natural. Como resultado, hai algunhas cancións sen guitarra, e algunhas sen teclado. Hai cancións con capas e produción que nunca poderíamos recrear en directo, e iso é emocionante para nós. Basicamente, deixamos que os nosos estados de ánimo creativos, en lugar da instrumentación, diten a sensación do álbum".

A banda temén dixo que 7 non tivo un produtor no sentido tradicional, o que fixo que as ideas impulsasen a creatividade e non o proceso creativo de calquera persoa. O batería de xira da banda desde 2016, James Barone, tocou en todo o disco. Tamén traballaron con Peter Kember, coñecido polo nome artístico de Sonic Boom, que axudou "na eliminación de convencións e en axudar a manter as cancións vivas, frescas e protexidas das forzas destrutivas da sobreprodución/sobre-perfección dos estudos de gravación".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Beach House Categoría:Álbums musicais de 2018 Categoría:Álbums de Sub Pop Records