Excuse 17 foi unha banda de punk rock estadounidense procedente de Olympia, Washington, activa dende 1993 ata 1995. O grupo estaba formado por Becca Albee (voces e guitarra), Carrie Brownstein (guitar e voces) e Curtis James (batería). A banda gravou dous álbums e un sinxelo, e achegou cancións a varios recompilatorios.
Historia Brownstein, Albee e CJ Phillips (James) uníronse para formar Excuse 17, unha banda que durou só uns poucos anos pero demostraría ser moi influente. Brownstein e Albee tocaban a guitarra e cantaban e CJ tocaba a batería. En pouco tempo gravaron unha cinta demo e comezaron a gravar temas para varios recompilatorios en discográficas independentes. O seu primeiro álbum, Excuse Seventeen, foi editado conxuntamente por Atlas Records (vinilo) e o selo queercore Chainsaw Records (CD). A banda editou o seu segundo e derrradeiro álbum, Such Friends Are Dangerous, a través do selo independente Kill Rock Stars en 1995, mostrando unha gran mellora na calidade da gravación.
A banda adoitaba a tocar con Heavens to Betsy, e incluso fixeron xiras xuntas, xa que ámbolos dous grupos era unha parte activa da escena riot grrrl. As dúas bandas tamén apareceron no recompilatorio Free to Fight. Corin Tucker de Heavens to Betsy fíxose moi amiga de Brownstein e chegaron a saír xuntas durante un tempo. As dúas decidiron formar Sleater-Kinney, un proxecto paralelo que ao pouco tempo sería o seu principal proxecto tras a disolución dos seus respectivos grupos. Porén, as gravacións de Excuse 17 aínda son moi valoradas polos seguidores de Sleater-Kinney, polos ineteresados no riot grrrl e no queercore, e polos coleccionistas de discos en xeral: Such Friends Are Dangerous foi nomeado un dos 50 mellores álbums de indie rock do Noroeste do Pacífico pola publicación en liña Pitchfork. Albee tamén gravou con Tucker como Heartless Martin, editando un casete a través de Chainsaw Records en 1993.
Tras a disolución de Excuse 17 Albee estableceu unha exitosa carreira como artista visual. O seu traballo foi loubado por publicacións como Bomb, Tom Tom, Artforum e Aperture. Os seus artigos están sendo conservados na Fales Library da New York University. En 2019 era profesora adxunta de fotografía no City College of New York.
No ano 2017 James vivía en Olympia e tocaba a batería na banda de rock Nudity.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Excuse Seventeen 1994 Chainsaw Records, Atlas Records Such Friends Are Dangerous 1995 Kill Rock Stars
Notas
Categoría:Grupos musicais de Olympia, Washington Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 1993 Categoría:Grupos musicais separados en 1995