A dos escamosos (Squamata) é unha orde de saurópsidos (réptiles) diápsidos que inclúe os lagartos, camaleóns, iguanas e formas afíns, as serpentes e os ánguidos ou cobras cegas.
Evolutivamente é a orde máis recente de réptiles. Son tamén os réptiles actuais que alcanzaron maior éxito ecolóxico e os que máis especies inclúe, máis de 5 000.Young, J. Z. (1977): La vida de los vertebrados. Barcelona: Editorial Omegap. ISBN 84-2820-206-0.
Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1811 polo zoólogo especializado en herpetoloxía, taxonomista e ilustrador alemán Nicolaus Michael Oppel, na súa obra Die Ordnungen, Familien und Gattungen der Reptilien, als Prodrom einer Naturgeschichte derselben (As ordes, familias e xéneros dos réptiles, como un pródromo dunha Historia Natural dos mesmos).
Etimoloxía O nome científico Squaqmata está formado pola unión dos elementos do latín científico squam- e -ata, tirados do latín clásico squmāma, "escama", e do sufixo latino -ata, indicando plural, respectivamente.Squamata no Merriam-Webster Unhagriged Dictionary. Literalmente: "os que teñen escamas".
Sinónimos Ademais de polo nome hoxe en día válido, a orde coñeceuse tamén polos sinónimos:Squamata Oppel, 1811 no ITIS. Lacertilia Günter, 1867 (hoxe considerado como unha suborde) Sauria Macartney, 1802 (hoxe considerado como un clado)
Clasificación A orde dos escamosos comprende, de acordo coa clasificación tradicional, as tres subordes seguintes, coas infraordes que se indican:
Suborde Lacertilia (antes saurios) - lagartos Os lacertilios parece que son parafiléticos, de modo que se subdividen en seis subordes, segundo o seguinte esquema, que dista de ser definitivo:Squamata - Tree of Life . Infraorde Dibamidae Infraorde Iguania (iguanas e Chamaeleonidae camaleóns) Infraorde Gekkota (xecos) Infraorde Scincomorpha (Escíncidos, Teiidae e lagartos europeos) Infraorde Diploglossa (Anguidae) Infraorde Platynota (varanos e monstro de Gila)
Suborde Serpentes (ou ofidios) - serpentes Infraorde Alethinophidia (víboras, boas, cobras etc.) Infraorde Scolecophidia
Suborde Amphisbaenia - cobras cegas
Ademais, cabe citar o clado extinto Polyglyphanodontia, que parece ser o taxon irmán de Scleroglossa.
Características miniatura|240px|Cranio xeneralizado dun escamoso. Trátase dun cranio diápsido modificado, xa que a fenestra inferior está aberta por debaixoj: xugal, p: parietal, po: postorbital, q: cadrado, sq: escamoso.
Aínda que os escamosos conservan numerosos caracteres reptilianos primitivos, presentan varias especializacións que faltan no seu grupo irmán, os tuataras, e ás que pode atribuírse en parte o éxito que alcanzaron.
Por exemplo, a parte superior da mandíbula superior está rixidamente unida ao cranio, pero no maxilar inferior posúe un óso cadrado móbil que comunica o seu movemento aos ósos da mandíbula, o que favorece a deglutición das presas; os cranios con esta propiedade coñécense co nome de "cranio cinético". Así mesmo, posúen un par de órganos copuladores exclusivos.
Existe unha tendencia xeral á redución das patas, fenómeno que tivo lugar de maneira independente en case a metade das familias actuais de lagartos e, por suposto, nas serpentes e nos anfisbénidos.
Os escamosos caracterízanse pola muda da súa pel.
Posúen dous órganos de Jacobson de estrutura complexa e de grande importancia funcional. Trátase de estruturas ocas en forma de bóveda situadas na zona anterior do padal comunicadas coa cavidade bucal por medio dun estreito conduto. As partículas olorosas son levadas aos condutos de dito órgano mediante a punta da lingua, que é bífida nas serpentes e en moitos lagartos. Os órganos de Jacobson están innervados por unha rama individualizada do nervio olfactorio. Estes órganos participan tamén no recoñecemento sexual e no seguimento do rastro deixado polas presas.
Moitas especies son capaces de romper e desprender a súa cola cando se ven en perigo ou son capturados por un depredador; esta capacidade, denominada autotomía, débese á presenza de planos especiais de ruptura das vértebras caudais; ditos planos de ruptura danse tamén nas tuataras, pero non nas serpentes. Tras a autotomía, a cola rexenérase.
Orixe e evolución Os escamosos apareceron a finais do triásico e constitúen un grupo máis antigo do que se supoñía; porén, ningunha das familias actuais é moi anterior ao Cretáceo; a primeira serpente é do Cretáceo superior, e o grupo non parece que se diversificara até o oligoceno.
Filoxenia Cladograma segundo unha análise de Evans e Wang en 2010:
miniatura|250px|Ophiophagus hannah, unha cobra.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Saurópsidos
Ligazóns externas Squamata na ADW. Lizards And Snakes. Squamata na EOL. Order Squamata Oppel 1811 en Fossilworks.
Categoría:Saurópsidos