Para outros significados, véxase a páxina de homónimos Soberano.

O soberano é unha moeda de ouro do Reino Unido, co valor nominal dunha libra esterlina. Cuñada desde 1817 ata os nosos días, orixinariamente foi unha moeda circulante de uso tanto en Gran Bretaña como noutros lugares do mundo e posteriormente converteuse nunha moeda de investimento e colección."Soberano" en Digalego. Dicionario de galego."Soberano". En Alfaro Asins et al. (2009). Emitíronse tamén medios soberanos, dobres soberanos e quíntuplos soberanos."Medio soberano" e "Doble soberano". En Alfaro Asins et al. (2009).

A súa tipoloxía máis característica é a da cabeza do monarca no anverso e o San Xurxo loitando co dragón no reverso, coas siglas BP no exergo, á dereita da data, correspondentes ao seu deseñador: Benedetto Pistrucci."1 Sovereign - George III". En Numista.

A moeda tomou o seu nome doutra anterior do Reino de Inglaterra, implantada por Henrique VII en 1489 abandonada en 1603.Alfaro Asins, C. (2009). "Soberano"."Tudor Sovereign ". The Royal Mint Museum.

Co valor dunha libra ou 20 xilins, o soberano substituíu a guinea, cuñada entre 1663 e 1814, que valía 21 xilins (1,05 libras)."Guinea, Coin Type from United Kingdom - detailed information". Online Coin Club.

O soberano do Reino de Inglaterra (1489-1603)

miniatura|260px|Soberano do Reino de Inglaterra a nome de María I. Ca. 1585-1587.

Anteriormente ao soberano británico moderno existira outra moeda coa mesma denominación no Reino de Inglaterra, creada por Henrique VII en 1489. Aquela moeda tiña un diámetro de 42 milímetros e pesaba 15,55 gramos, o dobre da moeda de ouro que existía no momento do seu nacemento, o ryal, de orixe baixomedieval. Aquel primixenio soberano estableceuse como consecuencia da chegada de grandes cantidades de ouro a Europa procedente da África occidental na década de 1480, e Henrique VII denominouno nun principio dobre ryal, aínda que de camiño o rebautizou co nome de soberano.Celtel, A.; Gullbekk, S. H. (2006). Páxina 61. Tratábase dunha moeda cun valor excesivo como para ser útil no uso cotián, polo que é probable que servira só como peza de representación e prestixio para ser concedida a persoeiros relevantes."Tudor Souvereign ". The Royal Mint Museum."1 Sovereign - Henry VII Group I; cross fitchee". En Numista.

O soberano inglés fora a primeira moeda que fixara o seu valor nunha libra e continuou cuñándose a nome dos diferentes monarcas ao longo do século XVI, aínda que con algunhas variacións na lei e no tamaño.Clancy, K. (2017). Páxina 15. Xacobe I puxo en circulación un soberano ao seu nome ao acceder ao trono inglés en 1603.Marsh, M. A. (2017). Páxinas 3-4. Porén, o ano seguinte, pouco despois de autoproclamarse rei de Gran Bretaña, Francia e Irlanda, emitiu unha nova moeda de proclamación para simbolizar a unión das coroas inglesa e escocesa, cuxo valor equivalía a 20 xilins, que denominou unite.Clancy, K. (2017). Páxina 41.

Na década de 1660, a partir da restauración de Carlos II e coincidindo co inicio da mecanización da Real Casa da Moeda do Reino Unido (Royal Mint), emitiuse unha nova moeda de ouro de 20 xilins, inicialmente sen unha denominación especial pero que de camiño comezou a coñecerse como "guinea", en referencia á procedencia do ouro co que estaba cuñada.Clancy, K. (2017). Páxina 45. Naquel momento, as moedas valorábanse en función do valor dos metais cos que estaban cuñadas, e o prezo do ouro en relación co da prata aumentou con posterioridade á aparición da guinea; xa que logo, a guinea pasou a adquirir de facto un valor de 21 xilins e, en ocasións, ata seis peniques máis. Así as cousas e tendo en conta que a moeda se fixera moi popular no comercio, o valor da moeda foi fixado oficialmente polo Goberno en 21 xilins de prata en 1717, suxeito a revisións á baixa, aínda que na práctica estas non se produciron.Clancy, K. (2017). Páxina 47. Coa popularización da guinea, abandonouse o uso da denominación "soberano" referida á moeda de ouro; de feito, a palabra non aparece recollida no dicionario Samuel Johnson (A Dictionary of the English Language), publicado en 1755.Clancy, K. (2017). Páxina 57.

miniatura|220px|Papel moeda dunha libra emitido en 1814 polo Gloucester Old Bank.

A situación económica e monetaria sufriu perturbacións co estoupido das guerras napoleónicas, que provocaron o acaparamento do ouro por parte da poboación. Entre as medidas tomadas para lle dar fluidez ao comercio estivo a de emitir billetes con valor facial dunha libra para suplir a ausencia da moeda de ouro correspondente. Despois da guerra, o Parlamento, a través dunha Lei da moeda promulgada en 1816, Gran Bretaña asumiu oficialmente o padrón ouro e a libra pasou a definirse como unha cantidade determinada deste metal. A maioría dos axentes económicos prefería dispor dunha moeda con valor de 20 xilins, en lugar de seguir a usar a guinea (de 21).Clancy, K. (2017). Páxina 52-55. No entanto, a Lei da moeda de 1816 non especificaba o tipo de moeda que se debería emitir.Seaby, P. (1985). Páxinas 116-117. Un comité do Consello Privado do Rei aconsellou a emisión de moedas de ouro co valor de dez e de vinte xilins de prata, e outras de dúas e de cinco libras, ditame que foi aceptado polo príncipe rexente Xurxo IV, o 3 de agosto de 1816.Marsh, M. A. (2017). Páxina 7. Para esta nova moeda retomouse a denominación de "soberano", probablemente promovida por anticuarios e numismáticos en lembranza da antiga moeda do século XVI.

O moderno soberano británico (1816-)

Caracterización

Valor: 1 libra esterlina. Aliaxe: ouro (91,7 %) e cobre (8,3 %). Peso en ouro: 0,2354 onza troy. Peso: 7,98805 g. Diámetro: 22,05 mm. Grosor: 1,52 mm. Canto: estriado. Cecas e marcas de ceca: Londres (R), Melbourne (M), Sydney (S), Ottawa (C), Perth (P), Pretoria (SA) e Bombai (I).

Creación

miniatura|Soberano de 1817 co busto de Xurxo IIIminiatura|A guinea (esta de 1795) foi substituída polo soberano.

William Wellesley Pole (1763-1845), o irmán máis vello do Duque de Wellington, foi nomeado mestre de ceca en 1812, coa encomenda de reformar a Real Casa da Moeda de Londres. Pole fora un dos que defenderan a continuidade da guinea por mor do gran número destas moedas en circulación e polo enorme traballo que se precisaba para as substituír con soberanos.Clancy, K. (2017). Páxina 55. Porén, en febreiro de 1817 chegou á ceca a orde formal do Goberno para cuñar moedas de ouro cun peso de 7,988 gramos, é dicir, os novos soberanos. Esta orde baseábase na decisión tomada ao respecto o 3 de agosto de 1816 por Xurxo IV (daquela aínda como príncipe rexente).Clancy, K. (2017). Páxina 56.

A principios de 1816, chegara a Londres o escultor italiano Benedetto Pistrucci, cuxa reputación lle facilitou a súa relación coas elites da sociedade."Benedetto Pistrucci ". The Royal Mint Museum.Pollard, G. Alí, a ilustradora Lavinia Spencer presentoulle os modelos en cera que o gravador Nathaniel Marchant fixera de San Xurxo e o dragón, e encargoulle que os reproducise con estilo grego, para formar parte da indumentaria do seu marido como Cabaleiro da Orde da Xarreteira. Pistrucci aceptou a encarga e produciu un camafeo, tomando como modelo para a imaxe do santo un camareiro italiano do Hotel Brunet, en Leicester Square, onde Pistrucci residía desde a súa chegada a Londres.Marsh, M. A. (1996). Páxina 15.Farey, R. (2014). Páxina 52.

O mesmo ano da súa chegada a Londres, Pole contratou a Pistrucci para crear os modelos das novas moedas, e este suxeriulle o motivo do San Xurxo e o dragón, que acababa de manexar no camafeo de Lady Spencer, como axeitado para elas.Celtel, A.; Gullbekk, S. H. (2006). Páxina 91.Clancy, K. (2017). Páxina 58.Rodgers, K. (2017). Páxinas 43-44. Elaborou entón unha cabeza en xaspe do rei Xurxo III, para ser utilizada como modelo para os soberanos e para as moedas de prata máis pequenas. Ademais, preparou un modelo en cera de San Xurxo e o dragón, en principio para o seu uso nas moedas de prata de media coroa, aínda que finalmente foi aceptado para as do soberano. Como os gravadores da Royal Mint non foron quen de reproducir en aceiro os deseños de Pistrucci, foi el mesmo o que se encargou do gravado dos cuños.Marsh, M. A. (2017). Páxina 8.

Os deseños de Pistrucci

esquerda|miniatura|160px|Esbozo orixinal de Pistrucci para o soberano

O deseño de Pistrucci para o reverso dos novos soberanos presenta a San Xurxo a cabalo espido e con armadura só nos pés, agarrando coa súa man esquerda unha renda da brida. Na cabeza leva un casco e, nos primeiros esbozos, sobresaía por detrás un guecho de cabelo. A súa capa flúe no aire por detrás do cabaleiro, suxeita por diante cunha fíbula. Coa súa man dereita sostén un gladius.Allen, J. J. C. (1965). Páxina 13. O cabalo do santo aparece ser medio atacando o dragón, medio encolléndose ante el, que xace ferido de morte pola lanza do santo.Celtel, A.; Gullbekk, S. H. (2006). Páxina 92. Ante a nudez de San Xurxo nesta representación, o crítico de arte John Ruskin considerou estraño que o santo estivese espido ante un encontro tan violento.Clancy, K. (2017). Páxina 63.

O deseño orixinal de 1817 aínda levaba o cabaleiro portando un anaco da lanza rota, o que foi substituído pola espada nas moedas cuñadas despois de 1821, cando se eliminou a xarreteira que orixinalmente rodeaba o deseño, do que se desprende que, na escena, San Xurxo rompeu a lanza nun momento anterior, nun primeiro encontro co dragón."1 Sovereign - George IV". En Numista.Marsh, M. A. (2017). Páxinas 10-16. Neses axustes do deseño en 1821 tamén se eliminou o guecho de cabelo que sobresaía por detrás do casco, que posteriormente foi recuperado en 1887, modificado en 1893 e en 1902, e finalmente eliminado en 2009.Celtel, A.; Gullbekk, S. H. (2006). Páxina 109.Marsh, M. A. (2017). Páxina 101.

O deseño de San Xurxo e o dragón son de estilo neoclásico, á moda dos gustos londinienses da época, e pode estar inspirado polos Mármores de Elgin (procedentes do Partenón de Atenas), expostos en Londres desde 1807 e probabelmente vistos por Pistrucci ao pouco da súa chegada. Este estilo dos soberano non era habitual na moeda británica do século XIX, máis habituada aos deseños heráldicos, aínda que concordaba cos desexos de Pole de que o soberano se amosase como claramente diferente da guinea.Clancy, K. (2017). Páxinas 62-63.

Anos de circulación (1817-1914)

Primeira época (1817-1837)

Cando o soberano entrou en circulación a finais de 1817, non gozou inicialmente da aceptación da poboación, que prefería a comodidade do papel moeda que os novos soberanos deberían substituír. Esta falta de demanda provocou que as tiraxes diminuísen drasticamente nos primeiros anos, desde as 2.347.230 pezas en 1818 ata as 3.574 ao ano seguinte.Rodgers, K. (2017). Páxina 44. Outro motivo para a escasa cantidade de soberanos cuñados en 1819 foi unha proposta, finalmente rexeitada, feita polo economista David Ricardo para eliminar o ouro como metal de cuñaxe. Despois de abandonar esta idea en 1820, o Banco de Inglaterra animou a poboación a utilizar estas moedas, aínda que a súa aceptación medraba moi paseniño. Debido a que as dificultades para o intercambio dos billetes da guerra se foron superando, que o soberano foi gañando en popularidade e que os billetes dos valores inferiores foron empezando a escasear, en 1826 o Parlamento prohibiu a emisión en Inglaterra e en Gales de máis papel moeda cun valor inferior a cinco libras.