Longa noite é un filme galego dirixido por Eloy Enciso. Estreouse na sección oficial do Festival Internacional de Cinema de Locarno o 14 de agosto de 2019.

Sinopse O filme está baseado en textos de escritores como Max Aub, Luís Seoane, Alfonso Sastre, Ramón de Valenzuela, Jenaro Marinhas del Valle, José María Aroca, Ángeles Malonda ou Rodolfo Fogwill.

Logo da guerra civil española, Anxo regresa á súa vila natal nunha zona rural de Galicia. Alí atópase cos gañadores e cos vencidos da guerra: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse na longa noite franquista.

Galardóns e nomeamentos AnoCerimoniaCategoríaGalardoadoResultado2020 18ª edición dos Premios Mestre Mateo Mellor filme Eloy Enciso Nomeado Dirección de produción Beli Martínez Nomeado

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Eloy Enciso Categoría:Filmes rodados en Galicia