Melissa Gaboriau Auf der Maur, nada en Montreal o 17 de marzo de 1972, é unha baixista, guitarrista, cantante e fotógrafa canadense. Como baixista, Melissa participou nos grupos de rock alternativo Tinker, Hole e The Smashing Pumpkins. No ano 2004 editou o seu primeiro traballo en solitario, Auf der Maur, e posteriormente, o 30 de marzo do 2010 apareceu o seu segundo álbum, Out of Our Minds.
Primeiros anos Melissa naceu en Montreal e é filla do xornalista e político Nick Auf der Maur (fillo de emigrantes suízos), e da tradutora literaria e xornalista Linda Gaboriau. A súa nai naceu nos Estados Unidos, e debido a iso Melissa ten dobre nacionalidade canadense-estadounidense.
Auf der Maur non coñeceu ao seu pai ata que tivo tres anos de idade. Gaboriau chamou a Nick Auf der Maur despois de que a nena comezase a facerlle preguntas sobre a identidade do seu pai. Falando do encontro, Auf der Maur dixo "[meu pai] decatouse de que a miña nai Linda era o amor da súa vida porque lle ofreceu o regalo desta nena sen demandas. Namorouse tolamente dela [e] perseguiuna durante dous anos". Auf der Maur e Gaboriau casaron en 1978 cando Melissa tiña seis anos. A parella divorciaríase en 1979 e posteriormente Auf der Maur viaxou por todo o mundo coa súa nai. Pasou parte da súa infancia vivindo "nunha caravana de circo en Gales, un camión de correos vermello en Marrocos, e nunha cabana en Kenya". Neste último país tivo tres veces malaria e regresou a Montreal.
En Montreal, Auf der Maur foi á escola Fine Arts Core Education (FACE) e ao instituto Moving in New Directions (MIND), ofrecendo ámbolos dous centros unha educación alternativa. En FACE fi membro do coro clásico, e en MIND foi "parte da pequena alite* inglesa" e fíxose amiga da irmá de Leonard Cohen, Lorca, e de Rufus Wainwright. No colexio comezou a interesarse pola fotografía e posteriormente asistiría á Concordia University, onde se graduou en fotografía en 1994. Aos 19 anos, mentres estaba na Concordia, Auf der Maur comezou a traballar como DJ en Bifteck, un club de rock moi coñecido onde coñeceu a varios músicos como Steve Durand.
Carreira musical
Tinker Durante o seu tempo como DJ no Bifteck, Auf der Maur coñeceu ao tamén estudante da Concordia University Steve Durand, co cal formou a banda Tinker en novembro de 1993. Durand encargouse da guitarra e Auf der Maur comezou a tocar o baixo, usando un Fender Precision Bass que o seu pai lle mercara polo seu 21 aniversario. O dúo recrutou a un segundo guitarrista, Jordon Zadorozny, e a un batería e comezou a actuar en locais de Montreal.
Nun concerto de The Smashing Pumpkins en Les Foufounes Électriques en 1991, Auf der Maur fíxose amiga do vocalista e guitarrista Billy Corgan. Durante a actuación, o compañeiro de habitación de Auf der Maur interrompeu á banda entre cancións e lanzou unha botella de cervexa ao escenario, levando a un enfrontamento entre el e Corgan. Auf der Maur explicou:"Meu amigo Bruce [Cawdron], que despois sería o batería de Godspeed You! Black Emperor, estaba alí e bisbou, 'Deus, ese tipo ten actitude. Están actuando como se tocasen nun estadio. E despois lanzoulle unha botella a Billy e berrou, 'Deixa a maldita actitude!' Bill baixou do escenario, puxo as súas mans ao redor do pescozo de Bruce e comezaron a pelexar. Eu pensei, 'Ben. Acabas de arruinar o concerto'. Despois achegueime a Billy e díxenlle, 'Gustaríame desculparme en nome de Montreal. Sodes a miña nova banda favorita'."Q, agosto de 2004, p. 59 miniatura|Auf der Maur ao vivo en 2005 Auf der Maur e Corgan tiveron unha amizade por correspondencia. Tras meses sen contacto, Auf der Maur enviou unha carta a Corgan pedíndolle que Tinker fose abreconcertos de The Smashing Pumpkins no seu próximo concerto en Montreal. Corgan aceptou a petición e Tinker realizou o maior concerto da súa carreira, diante de 2, 500 persoas, abrindo para The Smashing Pumpkins en Métropolis, o día 30 de novembro de 1993. Auf der Maur recordou que Corgan "palmeoume as costas. Dixo, 'Es unha moi boa baixista. Estarás na miña banda algún día.' Foi como un soño feito realidade, exactamente o tipo de impulso á miña confianza que necesitaba".
Tinker tivo unha breve carreira de gravacións, lanzando tan só dous sinxelos de 7", "Realalie" e "Green Machine", a través do selo independente Bear Records en 1994. O grupo separouse en verán de 1994 despois de que Auf der Maur aceptase a invitación de Courtney Love para converterse na baixista de Hole, unha invitación que inicialmente declinou:<blockquote>"Billy chamoume e dixo, 'Vou ir pola cidade polo Lollapalooza a próxima semana. Pero a gran noticia é, vas a unirte á banda da miña amiga Courtney.' E foi entón cando empezou todo ... Nunha semana todos os meus amigos chamaron e dixeron, 'Estás tola?' Meu pai dixo, 'Que mes estás dicindo? O gran tipo Pumpkin ofreceuche un traballo real na música e ti dixeches non?''' Nese momento, Courtney conseguiu o meu número de teléfono e dixo, 'Que queres dicir, non queres unirte á miña banda? Vaste subir a un avión a Seattle mañá.' E fíxeno. Ela e Patty viñeron recollerme ao aeroporto, e ela foi moi divertida, moi doce. E foi moi boa comigo dende o primeiro día. Moi acolledora. Tiña a todas esas coidadoras de nenos e asistentes lesbianas. Había un clan realmente xenial de lesbianas maternais e coidadosas. Todo o mundo era moi bo'."</blockquote>
Hole No verán de 1994, cando Hole necesitaba unha nova baixista despois da morte de Kristen Pfaff, Corgan recomendou a Auf der Maur a Courtney Love. Melissa inicialmente non aceptou a invitación, recordando: "dixen que non porque me parecía un escenario moi triste no que entrar ... parecía un lugar moi triste" citando a morte de Pfaff como unha "bandeira vermella" e unha razón para non unirse ao grupo.Auf der Maur, Melissa; Erlandson, Eric; Schemel, Patty (2011). Hit So Hard: The Life & Near Death Story of Patty Schemel (DVD). Peccadillo Pictures. Tras coñecer a Love e á batería Patty Schemel, Auf der Maur aceptou a oferta. Completou a súa licenciatura en Belas Artes na Concordia e foi recrutada como baixista de Hole dúas semanas antes da súa actuación no Reading Festival de 1994. "Lou Barlow e Evan Dando estaban vendo dende o lado do escenario," recordou. "Probablemente nin sequera me movín. Só pensei, 'Mentres teña estas partes correctas, todo irá ben.'"Q, agosto de 2004, p. 60
De 1994 a 1995, Auf der Maur xirou por todo o mundo con Hole para promover o seu segundo álbum de estudio, Live Through This (1994). Durante a xira, Auf der Maur foi descrita polo guitarrista Eric Erlandson como "traendo sol á banda" durante a atmosfera "escura e gris" da xira, que foi problemática debido aos recentes dós do grupo, polas mortes de Pfaff e de Kurt Cobain (marido de Love), ademais dos problemas de Love coas drogas. Auf der Maur fíxose amiga de Patty Schemel e xuntas alugaron unha casa tras os dous anos de longa xira. O dúo iniciou un proxecto paralelo, Constant Comment, e lanzou un sinxelo compartido de 7" con Red Aunts a través de Sympathy for the Record Industry que contaba co tema "Firecrasher"."Who"/"Firecrasher" (Sleeve notes). Red Aunts/Constant Comment. Sympathy for the Record Industry. 1997. SFTRI 495. Dende entón, Auf der Maur dixo que a amizade e compatibilidade musical entre ela e Schemel estaban baseadas nunha "conexión rubia"; Schemel referiuse a Auf der Maur como a súa "áncora" durante o período tras as mortes de Pfaff e Cobain. miniatura|250x250px|Auf der Maur, á esquerda, na reunión de Hole de 2012 Auf der Maur apareceu en varios lanzamentos de Hole, incluído o sinxelo de 1996 "Gold Dust Woman" e varios temas ao vivo en My Body, the Hand Grenade (1997). Aparece no terceiro álbum de estudio da banda, Celebrity Skin (1998), tocando o baixo e como co-compositora de 5 dos 12 temas. Celebrity Skin foi un grande éxito comercial e de crítica; chegou ao número 9 na lista estadounidense Billboard 200 e ao 3 da lista canadense de álbums, e o seu sinxelo principal foi número 1 na lista da Billboard Modern Rock Tracks. Dende entón foi certificado platino nos dous países. Tras a xira de promoción do disco, Auf der Maur deixou Hole en outubro de 1999 ao rematar o seu contrato de conco anos co grupo xa que desexaba "medrar en moitas direccións diferentes".
En xuño de 2009, NME informou de que Hole estaba reformándose. Love firmou que Auf der Maur volvería a unirse como baixista para gravar o seu seguinte álbum Nobody's Daughter, que ía ser finalmente un traballo de Hole, e actuar na xira de promoción. Auf der Maur dixo que estaba "sorprendida e decepcionada" polo anuncio e que non tiña intención de participar na banda reformada. A pesar de distintas cuestións legais, Nobody's Daughter lanzouse como o curto álbum de Hole en abril de 2010 con Shawn Dailey substituíndo a Auf der Maur como baixista.
Hole reuniuse novamente, coa formación do Celebrity Skin composta por Love, Erlandson, Auf der Maur e Schemel, para unha única actuación no Public Assembly en Brooklyn, Nova York o 12 de abril de 2012 nunha festa tras un pase da película de Schemel Hit So Hard (2011). Inicialmente Auf der Maur, Erlandson e Schemel estaban actuando como trío ata que Love chegou para unha interpretación espontánea de "Miss World" e "Over the Edge". The Quietus informou en abril de 2014 que os catro membros reuníranse, aínda que en entrevistas posteriores Love quitoulle importancia ao de falar sobre unha inminente reunión. En abril de 2016, Auf der Maur dixo nunha entrevista que xa non tiña enerxía nin tempo para unha reunión plena, pero que estaría interesada en rematar o legado de Hole cun disco retrospectivo e unha pequena xira.
The Smashing Pumpkins A baixista orixinal de The Smashing Pumpkins, D'arcy Wretzky, deixou a banda en setembro de 1999 durante a gravación do seu quinto álbum de estudio, Machina/The Machines of God (2000). No mes de outubro Auf der Maur foi recrutada como substituta de D'arcy por Billy Corgan, co cal seguía mantendo a amizade dende o seu tempo en Tinker e Hole. "Courtney sabía que marchaba para realizar o meu proxecto en solitario", explicou. "Pero entón, casualmente, a semana que deixaba Hole foi cando D'arcy deixou os Pumpkins. Así que, nunha semana, Billy chamoume e díxome, 'As estrelas aliñáronse: e o momento de que te unas á miña banda.' Tiven que facelo."
Auf der Maur non apareceu nin en Machina/The Machines of God nin en Machina II/The Friends & Enemies of Modern Music (2000) xa que os baixos que faltaban foron gravados por Corgan, pero tocou cos Pumpkins durante a xira de Machina dende decembro de 1999 ata decembro de 2000. Durante a xira a banda tocou en América do Norte, Xapón, Europa e Suráfrica, e esta foi descrita por Auf der Maur como "moi ambiciosa". A baixista tamén tocou na súa derradeira aparición en televisión no programa The Tonight Show with Jay Leno e no derradeiro concerto no Cabaret Metro de Chicago o 2 de decembro de 2000, ademais de nos vídeos musicais do grupo. The Smashing Pumpkins separouse a finais dese ano.
En febreiro de 2006, a MTV informou de que Corgan e o batería Jimmy Chamberlin asinaran un novo contrato de representación con Azoff Management, cun portavoz confirmando que asinaran o contrato co nome de The Smashing Pumpkins. Como resposta, Auf der Maur dixo nunha entrevista que "mentres Billy teña Jimmy, pode facer un disco esencial dos Pumpkins, estou segura", e cando se lle preguntou sobre a súa implicación dixo que non estaba planeando participar na reunión, pero destacando que os seus "servizos están sempre aí para tocar [as súas] canción favoritas. Se D'arcy non está dispoñible, sempre estou feliz de ser a segunda na lista". A pesar do seu interese inicial e da ausencia de Wretzky, The Globe and Mail informou en abril de 2007 que Auf Der Maur confirmara que non se uniría a The Smashing Pumpkins.
The Chelsea e Hand of Doom