Dólar Morgan "1 Dollar "Morgan Dollar"". Numista.com300x300pxCabeza da Liberdade ollando á esquerda. Data no exergo.Aguia que sostén coas súas gadoupas unhas setas e unhas pólas de oliveira, dentro dunha coroa vexetal. Inscrición IN GOD WE TRUST sobre a aguia. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA · ONE DOLLAR. Valor: 1 dólar. Autor: George T. Morgan Data do deseño: 1878. Datas de emisión: 1878-1904 e 1921. Ceca: US Mint (cecas: Filadelfia, Carson City, Denver, Nova Orleáns e San Francisco). Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Diámetro: de 38,1 mm. Grosor: 2,40 mm. Peso: de 26,73 g. Canto: estriado.

O dólar Morgan é un tipo de moeda dun dólar de prata estadounidense cuñada entre 1878 e 1904, e novamente en 1921. Este modelo substitúe o da serie anterior, coñecida como da "Liberdade sentada" (Seated Liberty Dollar), que cesara pola aprobación da Lei de Moeda de 1873."1 Dollar "Morgan Dollar"". En Numista.

A moeda debe o seu nome ao responsable do seu deseño, o gravador auxiliar da Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint) George T. Morgan."Morgan Dollars". My Coin Guides.

En 2006, o deseño do reverso dos dólares Morgan foi utilizado para a cuñaxe dun dólar de prata conmemorativo do antigo edificio da ceca de San Francisco."San Francisco Old Mint Commemorative Coin Program". United States Mint."San Francisco Old Mint Commemorative Silver Dollar Coin". United States Mint.

Caracterización As características metrolóxicas dos dólares Morgan seguen os parámetros definidos na Lei de moeda de 1873.Yeoman, R. S. (2010). Páxinas 218, 221. A súa tipoloxía e as cecas da Casa da Moeda dos Estados Unidos onde se cuñaron son as seguintes:A Casa da Moeda dos Estados Unidos (United States Mit) é a ceca oficial dos EEUU, que historicamente contou cunha rede de cecas en diversas localidades, como Filadelfia, San Francisco, Nova Orleans, etc. Véxase "History of the U.S. Mint". United States Mint.

Anverso. Cabeza da Liberdade ollando á esquerda. Lenda: E·PLURIBUS·UNUM / LIBERTY. Data no exergo. Gravador: George T. Morgan

Reverso. Aguia coas ás estendidas dentro dunha grilanda, que sostén nas súas gadoupas unha póla de oliveira. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / In God We Trust / ONE DOLLAR. Gravador: George T. Morgan. A marca de ceca, cando existe, aparece no reverso por riba do O en DOLLAR.

CaracterizaciónMarcas de cecaValor facial1 dólar.FiladelfiaNingunhaPeso26,73 g.Carson CityCCDiámetro38,1 mm.San FranciscoSCanto2,4 mm; estriado.Nova OrleánsOAliaxeprata (90,0 %) e cobre (10, 0 %).DenverC Lexislación clave

Lei Bland-Allison (1878). O dólar Morgan foi autorizado pola coñecida como Lei Bland-Allison (Bland-Allison Act). Despois da aprobación da Lei de moeda de 1873, os intereses mineiros fixeron presión para restaurar a cuñaxe libre da prata, o que requiriría que a casa da moeda aceptase toda a prata que se lle presentase e a devolvese convertida en moeda. Pola contra, a Lei Bland-Allison requiría que o Tesouro adquirise prata por valor de entre dous e catro millóns de dólares mensuais para a cuñaxe das moedas de dólar."Legislation Impacting Morgan Silver Dollars". En Morgan Dollars. My Coin Guides. Lei Sherman (1890). En 1890, a lei anterior foi derrogada pola Lei Sherman de compra de prata (Sherman Silver Purchase Act), que lle esixía ao Tesouro a compra de catro millóns e medio de onzas troy (140.000 kg) de prata cada mes, e só requiría unha produción adicional de dólares de prata durante un ano. Esta nova lei foi derrogada en 1893. Lei de 1898. En 1898, o Congreso aprobou un proxecto de lei polo que se requiría que toda a prata que se conservaba da adquirida baixo a Lei Sherman se cuñase en moedas de dólar. Cando aquelas reservas de prata se esgotaron, en 1904, a casa de moeda cesou a cuñaxe dos dólares Morgan. Lei Pittman (1918). Posteriormente, a Lei Pittman (Pittman Act) autorizou a fundición e a recuperación de millóns de dólares de prata, o que levou consigo o restablecemento da emisión de dólares Morgan durante 1921, ano en que estes foron substituídos por un novo modelo, coñecido como "dólar da Paz" (Peace Dollar).

Historia

Contexto histórico-numismático esquerda|miniatura|200px|En 1876, Richard P. Bland presentou un proxecto de lei no Congreso para recuperar a cuñaxe do dólar de prata.

miniatura|200px|William B. Allison engadiu emendas no Senado ao proxecto de Bland.

En 1873, o Congreso aprobarau a cuarta Lei de moeda da historia dos Estados Unidos, que puxo fin ao padrón bimetálico no país, ao desmonetizar a prata.Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxina 21.Fite, E. D. (1919). Páxina 428. Antes da promulgación daquela lei, podíase traer prata ás casas de moeda para a súa cuñaxe a cambio dunha pequena comisión.Fite, E. D. (1919). Páxina 429. Con este sistema, os produtores do metal podían ter a súa prata cuñada en dólares cando o valor intrínseco das moedas fose inferior ao seu valor nominal, o cal lles proporcionaba beneficio e, por outra banda, ampliaba moito a oferta monetaria e xeraba inflación.Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxina 23.

A nova lei, xa que logo, puxo fin a esta práctica co cesamento da cuñaxe de moedas de dólar (daquela, os do modelo da "Liberdade sentada"), e só prevía a emisión dun dólar de comercio, tamén de prata, destinado a competir cos reais de oito e cos pesos mexicanos no comercio con Oriente. Baixo a Lei de 1873, aos produtores de metal permitíuselles seguir levando prata ás casas de moeda, mais neste caso para ser transformado en lingotes ou para ser cuñado nos novos dólares de comercio, que inicialmente tiñan curso legal nos Estados Unidos, aínda que lles foi retirado en 1876 para evitar que se reproducisen os problemas existentes antes da aprobación da lei.Yeoman, R. S. (2010). Páxina 18.

As restricións á libre cuñaxe da prata establecidas pola lei de moeda non tiveron inicialmente unha forte resistencia por parte dos axentes mineiros, ata que o prezo da prata diminuíu rapidamente por mor do aumento da produción mineira no Oeste dos Estados Unidos. As protestas chegaron tamén dos banqueiros, dos fabricantes e dos agricultores, que consideraban que a maior abundancia de diñeiro en circulación tería un impacto positivo. Organizáronse, entón, en grupos para esixiren a libre cuñaxe da prata logo da crise económica do Pánico de 1873.Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxina 24.

miniatura|360px|"Certificado de prata" do Tesouro dos EEUU por valor de 20 dólares (1880)

A partir de 1876 presentáronse numerosos proxectos de lei na Cámara de Representantes para recuperar a posibilidade de cuñar libremente a prata. Un deses proxectos, presentado polo demócrata Richard P. Bland, de Missouri, foi aprobado no outono de 1876. O senador republicano William B. Allison, de Iowa, engadiu emendas importantes ao proxecto no Senado, unha delas para anular a libre cuñaxe da prata que, en principio, prevía o proxecto. Esa mesma emenda daba vía libre á emisión de "certificados de prata" (unha especie de papel moeda) por primeira vez na historia dos Estados Unidos. O proxecto de lei foi inicialmente vetado polo presidente Rutherford B. Hayes, aínda que finalmente o veto foi anulado o 28 de febreiro de 1878."Rutherford B. Hayes". En Harness, G. (1992). Presidential Vetoes, 1789-1988. Washington. United States Government Printing Office.. O que se coñeceu como Lei Bland-Allison requiría do Tesouro a adquisición de prata por valor de entre dous e catro millóns de dólares mensuais para a súa cuñaxe en moedas dun dólar, coa relación entre o ouro e a prata de 16:1, o que implicaba que unha onza de ouro se valoraba igual que dezaseis onzas de prata.

Proceso do deseño miniatura|160px|Deseño definitivo do anverso de Morgan, cuñado como proba do medio dólar en 1877 esquerda|miniatura|320px|Proba do deseño proposto por George T. Morgan (1/2 dólar) esquerda|miniatura|290px|Proba do deseño proposto por William Barber

En 1876, o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (United States Mint), Henry Linderman, comezou a remodelación das moedas do país. Linderman púxose en contacto con Charles W. Fremantle, director da Real Casa da Moeda de Londres, e pediulle que atopase "un gravador de cuños primeira categoría disposto a ocupar o posto de gravador auxiliar da ceca de Filadelfia". Como resposta, Fremantle escribiulle: "as miñas consultas a respecto dun gravador auxiliar lévanme a recomendar decididamente para o posto a George Morgan, de 30 anos, quen se fixo unha reputación considerable, mais para quen non hai moito espazo actualmente neste país". Linderman e Morgan chegaron a un acordo polo que este último pasou a incorporarse á ceca de Filadelfia ás ordes do gravador xefe William Barber, a modo de proba durante seis meses.Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxina 73.

Morgan chegou a Filadelfia o 9 de outubro de 1876. As primeiras probas cuñadas dos seus deseños correspondíanse coas pezas do medio dólar.Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxina 74.

miniatura|200px|Anna Willess Williams, nun número de 1892 do xornal Ladies' Home Journal.

En 1876, Morgan matriculouse como estudante na Academia de Belas Artes de Pensilvania co obxecto de se preparar para a creación dun deseño da cabeza da Liberdade. Morgan tamén estudou a natureza da aguia de cabeza branca para a preparación do deseño do reverso. Para a imaxe da Liberdade, Morgan buscou representar unha muller común estadounidense, no canto das figuras de estilo grego habituais. Un amigo de Morgan, o pintor Thomas Eakins, suxeriulle como modelo a Anne Willess Williams, de Filadelfia. Morgan mantivo cinco sesións de traballo coa modelo, da que declarou que tiña o perfil máis perfecto que vira xamais.Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxina 75.

O 18 de outubro de 1877, Linderman solicitoulle ao superintendente da ceca de Filadelfia, James Pollock, "dar instrucións a Morgan para preparar sen demora, cuños para un dólar de prata, cos deseños e as lendas iguais aos da impresión adxunta para o medio dólar e numerada co 2, substituíndo as palabras 'medio dólar' por 'un dólar'". Linderman tamén lle pediu a Pollock "dar instrucións a Barber para preparar un cuño do reverso para o dólar cunha representación dunha aguia, así como as lendas requiridas pola lei. Seleccionará algunha das súas cabezas da Liberdade que el prefira para o anverso da moeda".Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxina 79. Linderman, evidentemente, prefería os deseños de Morgan por riba dos do gravador xefe, e escribiulle a Pollock o 21 de febreiro de 1878: "teño que declarar, para a súa información, que é a miña intención, no caso de que o proxecto de lei da prata se converta en lei, solicitar que o Secretario do Tesouro aprobe os cuños preparados por Morgan".Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxina 83.

Produción

A produción das moedas non comezou ata o 11 de marzo de 1878, máis dunha semana despois da aprobación da Lei Bland-Allison. A primeira cuñaxe válida, logo dos axustes da prensa monetaria, produciuse ás 15:17 horas na ceca de Filadelfia. Esta peza entregóuselle ao presidente Hayes, e a segunda e a terceira, respectivamente, ao Secretario do Tesouro, John Serman, e ao director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Henry Linderman.Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxina 84.