Hugo o GrandeXenealoxía de Hugo o Grande. , chamado ás veces Hugo o Branco por mor da súa cor pálida, nado en Fontaines-en-Sologne en torno ao 898 e finado o 16 de xuño de 956 en Dourdan, foi conde de París, marqués de Neustria de 923 a 956, despois duque dos francos desde 936 e conde de Auxerre desde 954 ata a súa morte. Foi o pai de Hugo Capeto.

Traxectoria Fillo de Roberto I, rei de Francia Occidental, e Beatriz de Vermandois, descendente en sexta grao pola súa nai de Carlomagno, Hugo o Grande, era unha figura poderosa no reino de Francia Occidental na orixe do establecemento da dinastía Capeto.

Na Batalla de Soissons (923) morreu seu pai, Roberto, pero foi derrotado Carlos III. Despois subiu ao trono Raúl I de Francia, casado con Emma de Francia, filla de Roberto e irmá de Hugo o Grande. miniatura|189x189px|Lois IV coa súa nai Òxiva, chamada ao trono por Hugo o Grande. Despois da súa morte sen descendencia, en xaneiro de 936, do seu cuñado, o rei Raúl I, Hugo o Grande decidiu non solicitar a coroa de Francia occidental, que quedaba con todo ao seu alcance, na medida en que supoñía tanto para Neustria como para Francia, un potencial que o situaba por encima de todos os outros grandes do reino ("une puissance qui l'emportait sur tout autre grand") Olivier Guillot, Albert Rigaudière, Yves Sassier 'Pouvoirs et institutions dans la France médiévale, tome I : Des origines à l'époque féodale, Armand Colin, 2003, pàg. 170 . miniatura|A coroación de Lois IV, do que foi rexente Hugo o Grande. Pero Hugo preferiu chamar ao trono ao fillo novo de Carlos III o Simple, Lois IV de ultramar, que marchara coa súa nai no momento do exilio en Inglaterra. Esperaba gobernar no lugar do seu sobriño pola alianza familiar que os unía (casara en 926 coa irmá de Óxiva, a nai de Lois IV). A partir dese momento era o seu deber de rexente, pero ademais tiña un poder maior que se o obtivese co ascenso directo ao trono, evitando así inquietar a unha parte da nobreza. Por outra banda, isto permitíalle opoñerse ás ambicións do seu outro cuñado Heriberto II de Vermandois na loita pola hexemonía na Francia occidental. O domingo 19 de xuño de 936, Lois IV foi coroado e consagrado rei por Artaldo, o arcebispo de Reims. A cerimonia de consagración tivo lugar na igrexa da abadía de Saint-Vincent de Laon, a súa cidade natal e feudo da súa familia carolinxia.

Un mes despois, o 25 de xullo de 936, Lois IV deulle a Hugo os medios para manifestar ao reino a súa preeminencia sobre os outros príncipes do reino, outorgándolle o título de dux Francorum, duque dos francos. A importancia deste título foi explicitada o 26 de decembro do mesmo ano por un documento no que Lois IV salientaba que facía de Hugo "en todos os nosos reinos, o segundo despois de nós" Olivier Guillot, Albert Rigaudière, Yves Sassier 'Pouvoirs et institutions dans la France médiévale, tome I : Des origines à l'époque féodale, Armand Colin, 2003, pàg. 170 . asimilado a un « vicerrei" de posición equivalente ao mordomo de palacio baixo os últimos merovinxiosChristian Bonnet, Christine Descatoire Les Carolingiens, 741-987, Armand Colin, 2001, pàg. 214 . Os diplomas de xullo, que afirmaban que era abade laico de Saint-Germain de Auxerre e amo de Autun, dous elementos fundamentais do principado borgoñón, xa acentuaran o seu poder, discutindo a lexitimidade de Hugo o Negro para se proclamar príncipe dunha Borgoña que pensara haber herdado do seu irmán o rei Raúl.

Non obstante, a preponderancia de Hugo o Grande acaba por exasperar ao novo rei que, intentando emanciparse, tomou as armas para combatelo. Hugo aliouse con Heriberto II de Vermandois e Guillerme Espada Longa, duque de NormandíaChristian Bonnet, Christine Descatoire Les Carolingiens, 741-987, Armand Colin, 2001, pàg. 214 . En 940, Lois IV foi derrotado preto de Reims e, en 945, capturado polos normandos e entregado a Hugo, que o encomendou a Teobaldo I de Blois. Hugo liberouno baixo a presión do emperador Odón I, pero obtivo a cidade de Laon a cambio.

En 946, arranxou a sucesión de Heriberto II de Vermandois entre os seus fillos, que eran os seus sobriños, e debilitou así o poder da liñaxe. Durante un sínodo en Ingelheim en 948, o terceiro da serie despois dos de Verdun e Mousson, dedicados esencialmente a regular a cuestión da sede episcopal de Reims, Lois IV logrou excomungar a Hugo o Grande.

Dispoñendo xa da soberanía de Borgoña, que Lois IV de Francia lle concedera en 943Páxina 628 na Histoire générale du Moyen Âge de Ovide Chrysanthe Desmichels (1831), obtivo a confirmación do seu título de "duque dos francos"Christian Bonnet, Christine Descatoire Les Carolingiens, 741-987, Armand Colin, 2001, pàg. 214 así como a Aquitania (cuxa tutela asegurou dende o 954 ata a súa morte en 956) a cambio de que despois da morte de Lois IV consentise a subida ao trono do fillo do rei, Lotario I.

Matrimonios e descendencia De Raingarda, a súa concubina, tivo a Heriberto de Auxerre († 996 ) que foi bispo de Auxerre .

Casou tres veces:

O primeiro matrimonio foi cunha filla de Roger do Maine, cara ao 914. Despois ao 926 con Eadilda de Wessex (ou Edit), filla de Eduardo o Vello. Finalmente con Edwiga de Saxonia ( 922 - 965, filla de Henrique I de Alemaña) cara a 937, da que tivo a: Beatriz, casada con Federico I, conde de Bar e duque da alta Lotarinxia. Hugo Capeto, rei dos francos no 987, tronco da dinastía Capeta. Emma, casada con Ricardo I, duque de Normandía . Odón, duque de Borgoña. Odón Henrique, duque de Borgoña.

Morte de Hugo Hugo o Grande morreu no "XVI das calendas de xullo do 956", é dicir o 16 de xuño de 956, no castelo de DourdanJoseph Guyot Chronique d'une ancienne ville royale, Dourdan capitale du Hurepoix, París, Auguste Aubry 1869, páx. 13. A súa tumba está na basílica de Saint-Denis, na necrópole dos reis de Francia.

Ligazón xenealóxica entre carolinxios e capetos

Notas

Categoría:Duques Categoría:Nados en 898 Categoría:Finados en 956 Categoría:Condes de París Categoría:Marqueses de Neustria Categoría:Duques de Francia Categoría:Condes de Auxerre Categoría:Duques de Aquitania Categoría:Duques de Borgoña