Backyard Babies é unha banda sueca de rock procedente de Nässjö, no condado de Jönköping. O grupo formouse no ano 1987 co nome de Tyrant, recibindo o actual en 1989, e ao longo da súa carreira editaron sete álbums de estudio e gañaron dous premios Grammy suecos. No presente a banda está baseada en Estocolmo.
Adoitase a atribuírlle a popularización do sleaze rock en Escandinavia e Suecia. O seu sinxelo "Minus Celsius" aparece como canción extra xogable no videoxogo Guitar Hero III: Legends of Rock e "Degenerated" está dispoñible como canción descargable para o Guitar Hero World Tour.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloDiesel & Power1994MegarockTotal 131998Scooch Pooch, PWL, MVGMaking Enemies Is Good2001RCA/BMGStockholm Syndrome2003BMG SwedenPeople Like People Like People Like Us2006BMG SwedenBackyard Babies2008BMG SwedenFour by Four2015Gain Music Entertainment/Sony MusicSliver & Gold2019Gain Music Entertainment/Sony Music
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Suecia Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de glam punk Categoría:Grupos musicais formados en 1987