A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

Xeografía A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros. A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados, un 1,46% da superficie total de Galicia.

Demografía No ano 2020, a comarca posuía 3.835 habitantes. Unha proba da súa pouca poboación é a densidade, de tan só 8,88 habitantes por quilómetro cadrado, moi inferior á media galega.

Concello Habitantes2020 Chandrexa de Queixa 472 Manzaneda 843 A Pobra de Trives 2.014 San Xoán de Río 506 Total 3.835

Padrón municipal 2020 3.835 habitantes Menores de 15 anos 219 (5,71 %) Entre 16 e 64 anos 2.012 (52,46 %) Maiores de 65 anos 1.604 (41,83 %)

Turismo O negocio do turismo rural comeza a ter valor na comarca. Pero a existencia da estación de esquí no concello de Manzaneda dá moita importancia turística a esta zona, xa que é a única estación de esquí galega.

Galería de imaxes

Notas

Terra de Trives, Comarca da