O Cardiff Arms Park (en galés: Parc yr Arfau Caerdydd) é un estadio de rugby situado na cidade galesa de Cardiff. Coñecido por motivos de patrocinio desder 2014 como BT Sport Cardiff Arms Park, encóntrase situado no centro da cidade, ao carón do Millennium Stadium. O estadio é utilizado actualmente polo Cardiff Blues, equipo profesional que compite no Pro14, unha das competicións máis importantes do rugby, a cal agrupa equipos de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. Ten capacidade para 12.125 espectadores, capacidade que no momento da súa inauguración era de 16.500.

Véxase tamén

Outros artigos Cardiff Blues

Ligazóns externas O estadio na web dos Blues

Cardiff Arms Park Categoría:Estadios do United Rugby Championship