George Thomas Morgan, nado en Birmingham, Inglaterra, o 24 de novembro de 1845, e finado en Germantown, Filadelfia, Estados Unidos, o 4 de xaneiro de 1925, foi un gravador da Royal Mint, de Londres, e posteriormente da Casa de Moeda dos Estados Unidos, coñecido por ser o responsable do deseño do popularmente coñecido como dólar Morgan."Morgan, George T.". En Forrer, L. (1909). Páxina 148."George T. Morgan ". En Mapping the Practice and Profession of Sculpture in Britain & Ireland 1851-1951. University of Glasgow."George T. Morgan". En Usspatterns.com"Morgan, George T. . En Smith, P. (1992).
Traxectoria esquerda|miniatura|160px|Medalla de George T. Morgan da súa época inglesa (ca. 1873), na honra de Alberte Eduardo, Príncipe de Gales."Lot 384 ". En A. H. Baldwin & Sons Ltd. (2014). Argentum Auction Summer 2014. 7 de xuño.
Etapa inglesa Logo da súa formación inicial, Morgan estudou na Escola de Arte de Birmingham. Posteriormente gañou unha bolsa de estudos para recibir formación superior, durante dous anos, na Escola de Arte de South Kensington, en Londres.
A carreira de Morgan como gravador comeza da man dos irmáns Pinches, unha prestixiosa familia de gravadores de Birmingham vinculada coa Casa da Moeda de Birmingham e coa Real Casa da Moeda de Londres (Royal Mint). Con eles colaborou, entre 1873 e 1875."Pinches". En Forrer, L. (1909). Páxinas 547-550.
Na Royal Mint traballou ás ordes do gravador xefe William Wyon. Desta época coñécense algunhas medallas da súa autoría.
No entanto, o máis salientable da súa carreira tivo lugar logo da súa marcha aos Estados Unidos en 1876, onde se lle encomendou inicialmente o deseño das novas moedas dun dólar de prata, que serían a súa obra máis salientable.Schwarz, Ted. (1975).Brisset, Shaquille. (2015).
Nos Estados Unidos chegou a se converter no sétimo gravador xefe da casa da moeda, logo do falecemento do seu antecesor, Charles E. Barber, en febreiro de 1917. Logo do seu falecemento en 1925, foi sucedido no posto por John R. Sinnock."John R. Sinnock Biography". USA Coin Book.
Etapa estadounidense miniatura|400px|Proba do deseño proposto por George T. Morgan para unha peza de medio dólar miniatura|290px|O popular "dólar Morgan" creado por George T. Morgan
Creación do "dólar Morgan" En 1876, o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (United States Mint), Henry Linderman, que emprendera unha remodelación das moedas do seu país, púxose en contacto con Charles W. Fremantle, director da Real Casa da Moeda de Londres (Royal Mint), e pediulle que atopase "un gravador de cuños primeira categoría disposto a ocupar o posto de gravador auxiliar da ceca de Filadelfia". Como resposta, Fremantle escribiulle: "as miñas consultas a respecto dun gravador auxiliar lévanme a recomendar decididamente para o posto a George Morgan, de 30 anos, quen se fixo unha reputación considerable, mais para quen non hai moito espazo actualmente neste país". Linderman e Morgan chegaron a un acordo polo que este último pasou a incorporarse á ceca de Filadelfia ás ordes do gravador xefe William Barber, a modo de proba durante seis meses.Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxinas 73-74.
Morgan chegou a Filadelfia o 9 de outubro de 1876. Ao pouco de chegar, matriculouse como estudante na Academia de Belas Artes de Pensilvania co obxecto de se preparar para a creación dun deseño da cabeza da Liberdade, que pretendía utilizar nos anversos dos seus deseños para as moedas un dólar e de medio dólar. Morgan tamén estudou a natureza do pigargo (aguia) de cabeza branca para a preparación do deseño do reverso. Para a imaxe da Liberdade, Morgan buscou representar unha muller común estadounidense, no canto das figuras de estilo grego habituais. Un amigo seu, o pintor Thomas Eakins, suxeriulle como modelo a Anne Willess Williams, de Filadelfia. Morgan mantivo cinco sesións de traballo coa modelo, da que declarou que tiña o perfil máis perfecto que vira xamais.Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxina 75. miniatura|290x290px|Os gravadores da ceca estadounidense. Morgan é o segundo pola dereita dos que están sentados. O 18 de outubro de 1877, Linderman solicitoulle ao superintendente da ceca de Filadelfia, James Pollock, "dar instrucións a Morgan para preparar sen demora, cuños para un dólar de prata, cos deseños e as lendas iguais aos da impresión adxunta para o medio dólar e numerada co 2, substituíndo as palabras 'medio dólar' por 'un dólar'". Nun novo escrito de Linderman a Pollock do 21 de febreiro de 1878 dille: "teño que declarar, para a súa información, que é a miña intención, no caso de que o proxecto de lei da prata se converta en lei, solicitar que o Secretario do Tesouro aprobe os cuños preparados por Morgan".Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxinas 79-83.
A produción das moeda dun dólar cos deseños de Morgan e cos cuños gravados por el comezou o 11 de marzo de 1878 e estendeuse, con interrupcións, ata 1921. Por mor da súa popularidade, esta moeda coñécese adoito no ámbito numismático como "dólar Morgan".Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxina 84."Morgan Dollars". My Coin Guides."1 Dollar "Morgan Dollar"". En Numista.
Outros traballos Á parte do dólar Morgan, foi autor de diversos deseños e probas numismáticas finalmente non adoptadas de moedas norteamericanas. Ademais, a Morgan débeselle o reverso da moeda de medio dólar conmemorativo da Exposición Mundial Colombiana de Chicago de 1893.Goldberg, I (2011). "Chicago Exposition coins". En The Numismatist. American Numismatic Association. Xuño. Páxinas 171-173."Coin Profile – 1892-1893 Columbian Exposition Half Dollar ". En Coin Week. 8 de outubro de 2018.
Como medallista, foi o responsable de máis dunha trintena de creacións, particularmente na súa etapa nos Estados Unidos.
Galería de traballos de George T. Morgan
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Dólar Morgan Royal Mint Casa da Moeda dos Estados Unidos
Bibliografía
Brisset, Shaquille. (2015). "Forged by Fire: The Birth of the Morgan Dollar and the Feud Between George T. Morgan and Charles E. Barber ". En Coin Week. 28 de marzo. Forrer, L. (1909). Biographical Dictionary of Medallists. Vol. IV. Londres. Spink & Son. Lee, K. M. (2012). The Private Sketchbook of George T. Morgan, America's Silver Dollar Artist. Whitman Publishing. ISBN 978-0794838225 Schwarz, Ted. (1975). "The Morgan and Peace Silver Dollars". En The Numismatist. American Numismatic Assotiation. Novembro. Smith, P. (1992). American Numismatic Biographies. Rocky River. Gold Leaf Press. Standish, M. (2014). Morgan Dollar: America's Love Affair With a Legendary Coin, Featuring the Coins of the Coronet Collection. Whitman Publishing. ISBN 978-0794839536 Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Comprehensive Catalog and Encyclopedia of Morgan & Peace Dollars. Virginia Beach. DLRC Press. ISBN 978-1-880731-11-6
Categoría:Nados en 1845 Categoría:Nados en Birmingham Categoría:Finados en 1925 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos