A rambutaneira (Nephelium lappaceum) é unha árbore da laurisilva tropical da familia sapindaceae, nativa da Insulindia, ten unha altura de 15 a 20 m, e o seu toro entre 50 e 60 cm de diámetro. O seu froito, comestíbel e un dos máis coñecidos da zona, recibe o nome de rambutánVV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 207. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0 (do malaio rambut, "cabelos") e está estreitamente relacionado con outros froitos comestíbeis tropicais como o lichi, o longan e o mamoncillo (Melicoccus bijugatus). Malia ser nativa do arquipélago malaio, en Guatemala, O Salvador, Honduras, Costa Rica, Nicaragua, Panamá e México, coñéceselle coma mamón chino ou lichas, no Ecuador coma achotillo ou rambután e no Brasil coma rambutã, rambutão ou rambotã.
Descrición miniatura|esquerda|Rambután É unha árbore perenne que acada 10-20 metros de altura. As follas son alternas e pinnadas, de 10–30 cm de lonxitude, con 3-11 divisións, cada unha de 5–15 cm de lonxitude e 3–10 cm de largo, coas marxes enteiras. As flores son pequenas, 2-2,5 mm, non teñen pétalos e nacen dunha panícula terminal de 15–30 cm de longura.
A árbore pode ser: macho, con flores estaminíferas soamente e polo tanto, sen froita; e femia, que se produce froita; ou ambos os dous hermafrodito).
O froito é unha drupa oval de 3–6 cm de lonxitude e 3-4 de largo, nacen en acios de 10-20 xuntos. A pela é avermellada (raramente amarela ou alaranxada) e está cuberta por espiños macíos.
A froita ten unha polpa abrancazada e zumarenta, que pode ser moi aceda ou moi doce e melosa. A única semente de cor marrón ten 2–3 cm de lonxitude e é velenosa, polo que non debe ser consumida coa polpa do froito. De ser así, cómpre expulsala do corpo.
Produción Esta árbore medra e produce mellor ao pleno sol. Pode sementarse en lombas ou en chairas sempre que non sexan moi húmidas. É boa idea sementala en liñas de cerca, áreas abertas, zonas abandonadas ou para substituír árbores mortas de cacao, xa que pode servir de sombra para o cacao. O espazo que ocupa unha árbore adulta é de entre 8 e 10 metros de lado a lado. Só a árbore femia, que é hermafrodita, produce froitos e comeza a producir entre 4 e 6 anos. Cómpre eliminar ou enxertar a maioría de árbores machos. Unha árbore adulta pode producir até 400 quilos de froitos ao ano.
Valor nutricional
Taxonomía Nephelium lappaceum foi descrita por Carl von Linné e publicada en Mantissa Plantarum 1: 125, en 1767. en Trópicos Sinonimia
Dimocarpus crinitus Lour. Euphoria crinita Poir. Euphoria nephelium Poir. Euphoria nephelium DC. Euphoria ramb-outan Labill. Scytalia crinita Raeusch. Scytalia ramboutan Roxb. en PlantList
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Árbore froiteira Blighia Korlan (Nephelium hypoleucum) Longan Lichi Mamoncillo
Bibliografía
Fruits of Warm Climates: Rambutan Know and Enjoy Tropical Fruit: Lychee, Rambutan and Longan Nephelium lappaceum (Sapindaceae) Sorting Nephelium names
Ligazóns externas Artigo da Encyclopedia of Asian Food (en inglés) Páxina web sobre o rambután (en inglés) Artigo de Verónica Murguía con referencias literarias acerca do rambután (en castelán)
Categoría:Nephelium Categoría:Froiteiras Categoría:Froitas exóticas Categoría:Flora de Asia