Federico Ayala Victoria, nado en Valencia cara a 1888 e finado en Ferrol o 17 de abril de 1937, foi un militar e político español.
Traxectoria Comandante de Carabineiros en Ourense. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 mantívose fiel ao goberno e xunto co gobernador civil intentou coordinar unha posible resistencia. Logo da proclamación do estado de guerra o 20 de xullo, foi detido. Foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe o 17 de abril de 1937,El Correo Gallego, 18-4-1937, p. 2. e soterrado en Serantes.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Valencia
Categoría:Nados en 1888
Categoría:Finados en 1937