59 Times the Pain foi unha banda sueca de hardcore punk procedente de Fagersta, no condado de Västmanland, e activa dende 1992 ata 2001.

A banda fudárona Magnus Larnhed (voz, guitarra), Michael Conradsson (baixo), Toni Virtanen (batería) e Kai Kalliomäki (guitarra). O nome do grupo está collido dunha canción de Hüsker Dü, do seu álbum New Day Rising. Kalliomäki deixou a banda ao pouco tempo e foi substituído por Niklas Lundgren, que deixou a banda de hardcore Dislars, que posteriormente se convertería na máis coñecida Burst. A súa primeiro demo, "Feeling Down", chamou a atención de Burning Heart Records, e en 1993 a banda asinou un contrato co selo. No ano seguinte 59 Times the Pain gravou o seu álbum de estrea, Blind Anger & Hate.

En marzo de 1995 59 Times the Pain comezou a gravar o seu segundo traballo, More Out of Today, no estudio Unisound en Finspång. O éxito underground de More Out of Today e o seu sinxelo de estrea "Blind Anger & Hate", permitíndolle a 59 Times the Pain establecerse como unha banda exitosa.

O seu cuarto álbum, End of the Millennium, foi publicado en marzo de 1999 , e o seu quinto e derradeiro traballo, Calling The Public, apareceu no ano 2001. A banda tamén colaborou con cancións en varios recompilatorios, como Short Music for Short People e Punk-O-Rama Vol. 4, os dous publicados en 1999. 59 Times the Pain separouse en 2001. O 30 de xaneiro de 2008 anunciaron unha reunión para tocar no festival Groezrock en Bélxica.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloBlind Anger & Hate1994Burning Heart RecordsMore Out of Today1995Burning Heart Records, SemaphoreTwenty Percent of My Hand1997Burning Heart Records, Revelation RecordsEnd of the Millennium1999Burning Heart RecordsCalling the Public2001Burning Heart Records

Notas

Categoría:Grupos musicais de Suecia Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 1992