Bottomless Pit é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Chicago, Illinois. Os guitarristas Andy Cohen e Tim Midyett, os dous anteriormente en Silkworm, formaron o grupo co batería Chris Manfrin, de Seam, e o baixista Brian Orchard, de .22, no ano 2005. Dende o seu nacemento a banda editou tres álbum aclamados pola crítica e xirou polos Estados Unidos e o Canadá. Bottomless Pit tamén tocou unha vez en París para abrir o Villette Sonique Festival en xuño de 2008, invitada polo trío de Chicago Shellac.

O seu álbum de estrea, Hammer of the Gods, tivo recensións favorables en varias publicacións musicais. O álbum foi gravado parcialmente nos estudios Electrical Audio por Greg Norman e inicialmente foi autoeditado en vinilo de 45 rpm. O disco de vinilo tamén incluía unha copia do álbum en CD para maior comodidade. O seguinte EP, titulado Congress, tamén foi editado nese formato. Os dous traballos están dispoñibles como descarga dixital a través do selo de Nova Jersey Comedy Minus One.

O 26 de xaneiro de 2010 a banda anunciou a través da súa páxina de Facebook que o seu seguinte álbum, Blood Under the Bridge, estaría rematado e masterizado en marzo e sería editado o 10 de agosto dese ano. En marzo, catro cancións do álbum, "38 Souls", "Q.E.D.", "Winterwind" e "Summerwind" foron subidas a Internet (as dúas primeiras a través de Facebook e as dúas segundas de Myspace).

Un terceiro álbum, titulado Shade Perennial, foi editado a través do selo Comedy Minus One o 29 de outubro de 2013.

Bottomless Pit anunciou un hiato indefinido en 2014, formando Midyett a banda Mint Mile pouco despois.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloHammer of the Gods2007Comedy Minus OneBlood Under the Bridge2010Comedy Minus OneShade Perennial2013Comedy Minus One

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Chicago, Illinois Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 2005