Gourmaelon de Bretaña foi conde de Cornualla e príncipe da Bretaña desde 908 a 913. Gourmaëlon é a forma moderna do nome dun dos personaxes máis escuros da historia medieval da Bretaña.

Traxectoria O seu patronímico orixinal, que quizais era un alcume, foi probabelmente Uumaelon ou Wrmaëlon, que se converteu en Gurmhailon e logo Gourmaëlon. O lingüista celtizante Joseph Loth supuxo dous sentidos a este nome "o das cellas marróns" ou "o príncipe, o xefe".

Parece que tiña a honra de Cornualla co título de conde (comes) ao final do reinado de Alan I da Bretaña Uurmaelon comes Cornubia segundo o Cartulario de Landévennec, carta XXIV De Aeccleia Sanctus pp. 154 & 155 e que despois da morte deste no 907 aproveitou a rivalidade entre os seus herdeiros, fillos e xenros, para reinar na Bretaña sen levar o título de rei, tendo unha autoridade máis nominal que realHenri Poisson e Jean-Pierre Le Mat, Histoire de Bretagne, Coop Breizh, 2000 .

Mencións históricas O seu reinado só é coñecido pola súa participación nalgúns actos públicos onde normalmente só aparece como un simple testemuñaCartulario de Redon Carta CCLXXVII do 9 de novembro de 909. Chámase Gurmahilon regnante BritanniamGurmahilon, reinante en Bretaña. nunha doazón feita ao mosteiro de Plélan dunha parte de Elven polo conde Tangi o seu afillado Derrien, respectivamente xenro e fillo de Alan o GrandeCartulario de Redon Carta CCLXXIX do 27 de novembro de 910.

Nunha concesión do 25 de outubro de 913 confirmada o 28 de outubro, en Redon, aparece denominado como Gurmahilon comitem qui tunc monarchiam Britanniae regebatO conde Gurmahilon que daquela rexía a monarquía de Bretaña.. Subscribiu este acto como testemuña despois do bispo Bili de Vannes, Mathuedoi de Poher, outro fillo de Alan, e co seu fillo Daniel que leva un nome xa mencionado antes na lista dos condes de Cornualla no Cartulario da Abadía de Landévennec Cartulario de Redon Carta CCLXXVI do 25 de outubro de 913: «Gurmhailon, comes testis, Deniel, filius ejus, testis ».

A súa morte a finais do mesmo ano tivo lugar seguramente nun combate contra os normandos e parece ser obxecto dunha entrada no Manuscrito 476 da biblioteca de Angers chamado Anecdota novissima: Ano DCCCCXIII Guuormaelon oc[cissus estNo ano 913 Guuormaelon mo[rreu..

Notas

Véxase tamén Bibliografía Joëlle Quaghebeur, La Cornouaille du IXe au XIIe siècle : Mémoire, pouvoirs, noblesse, Rennes, Presses universitaires de Rennes, 2002, 2a ed. () Arthur de La Borderie, La chronologie du cartulaire de Redon, Rennes, Oberthur, 1901, pàgs. 54 a 56

Categoría:Duques da Bretaña Categoría:Condes de Cornualles Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en 913