Unha pestana é un dos pelos que medran ao final das pálpebras. As pestanas protexen o ollo de lixos e levan a cabo unha función semellante á das vibrisas nos gatos ou ratos, que son sensibles ao toque. Deste xeito proporciona o aviso de que un obxecto, como un insecto ou unha partícula de po, está preto do ollo, o cal se pecha por acto reflexo.
Categoría:Ollo