O Partido Demócrata Europeo é un partido político europeo de centro moi a favor da integración europea. Foi iniciado o 16 de abril do 2004 e fundado formalmente o 9 de decembro en Bruxelas. François Bayrou de Unión pola Democracia Francesa e Francesco Rutelli de La Margherita, son os primeiros copresidentes.
O PDE foi fundado como reacción á crecente influencia de partidos euroescépticos nas institucións europeas. Reuniu a partidos europeístas de centro-dereita do Partido Popular Europeo e partidos de centro-esquerda do Partido dos Socialistas Europeos para formar unha nova coalición de centro.
O reformismo e outro das principais ideas do partido, que une a reformistas de centro de dous tipos, sendo Democristiáns, socialdemócratas ou unha mestura de ambas tendencias.
Membros Os membros actuais son:
: Unión pola Democracia Francesa : La Margherita : Darbo Partija : Camiño do Cambio (República Checa) : Mouvement des Citoyens pour le Changement : Partido Europeo (Chipre) (Ευρωπαϊκό Κόμμα), antigamente Novos Horizontes (Νέοι Ορίζοντες) : Partido Nacionalista Vasco : Coalición Canaria : Compromiso por Galicia
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Partido Demócrata Europeo , , . Páxina oficial do Partido Europeo (Chipre) .
Categoría:Partidos políticos paneuropeos