Vanessa Sotelo Quintela, nada en Ourense o 21 de agosto de 1995, é unha xogadora galega de fútbol sala. Xoga de pivote e o seu equipo actual é o AD Alcorcón FSF da Primeira división de fútbol sala feminino de España. Estivo nomeada como mellor xogadora do mundo nos anos 2014 e 2015, finalizando en sétima e terceira posición respectivamente. Foi máxima goleadora da liga española no ano 2018.
Traxectoria Antes de xogar a fútbol sala estivo na sección de fútbol 8 alevín do Ponte Ourense e fútbol once infantil do mesmo club. Comezou a xogar fútbol sala no Cidade das Burgas, na tempada 2011-12 fichou polo Ponte Ourense onde permaneceu dúas tempadas, para retornar no ano 2013-14 ao Cidade As Burgas. Na tempada 2016-17 decidiu fichar polo AD Alcorcón FSF.
Selección española Debutou coa selección española o 4 de novembro de 2014 nun partido amigable contra Hungría. Foi dúas veces bota de ouro nos mundiais disputados en Costa Rica e Guatemala. No ano 2019 participou na primeira Eurocopa de fútbol sala feminino da historia e foi a gran protagonista do torneo, do que se proclamou campioa. Foi a autora do primeiro gol, a máxima goleadora con 10 tantos (un deles na final ante Portugal) e foi elixida mellor xogadora do torneo.
En 2025 disputou o primeiro Campionato do Mundo da historia, marcando o primeiro gol de España ante Tailandia. Anotou dous goles máis no torneo, no que España rematou na terceira posición.
Estatísticas Clubs
Actualizado ao último partido xogado o 1 de novembro de 2019.20x20px
ClubDiv. Tempada Liga Copasnacionais(1) Torneosinternacionais(2) Total(3) Partidos Goles 10px 10px Partidos Goles 10px 10px Partidos Goles 10px 10px Partidos Goles 10px 10px- ----------- --- Total club- - - - - - - - - - - - - - - -1.ª2011-122315101000----2415102012-13262340--------262340 Total club49 38 5 0 1 0 0 0 - - - - 50 38 5 01.ª2013-14272950--------2729502014-153031501000----3131502015-16293890--------293890 Total club86 98 19 0 1 0 0 0 - - - - 87 98 19 01.ª2016-173027502120----3228702017-183036401210----3138502018-192737712310----2940812019-207930--------7930 Total club94 109 19 1 5 6 4 0 - - - - 99 115 23 1 Total traxectoria229 245 43 1 7 6 4 0 - - - - 236 251 47 1<div id="1">(1) Inclúe datos da Copa de España e da Supercopa de España. <div id="2">(2) Inclúe datos do Campionato de Europa de Clubs e da Copa Intercontinental. <div id="3">(3) Non inclúe datos de partidos amigábeis.
Palmarés e distincións Eurocopa: 2019 16x16px
En 2020 foi recoñecida nos Annual Fulsal Awards como a cuarta na clasificación de mellores xogadoras.
En 2016 recibiu o Premio á "Mellor deportista" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da IV Gala do Deporte Feminino Galego.
Notas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1995 Categoría:Xogadores de fútbol sala de Galicia Categoría:Futbolistas de Ourense