Miguel Mandiás Merino, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1900 e finado en Buenos Aires en 1967, foi un político galego.

Traxectoria Funcionario municipal do Grove. Xogou no Anduriña S.D. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 17 de novembro con Jacobo Barral Otero, Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Otero Goday, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias,Diario de Pontevedra, 18-11-1936, p. 2. foi condenado á pena de morte. Foille conmutada a pena por cadea perpetua. Preso en San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristovo o 5 de febreiro de 1937. Participou na fuga do 22 de maio de 1938, reingresando o 25 de maio. Saíu en liberdade condicional o 25 de setembro de 1940. Foi detido en Pontevedra o 16 de xaneiro de 1942 e volveu ingresar no Forte San Cristovo o 26 de xaneiro. O 10 de agostro de 1942 saíu en liberdade condicional. En 1955 obtivo un pase de fronteirasEl Pueblo Gallego, 27-4-1955, 8. e marchou a Arxentina. Finou en Buenos Aires en 1967.El Pueblo Gallego, 21-11-1967, p. 10. Vida persoal

Casou con Dorinda Fernández. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en 1900 Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Finados en 1967

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes