miniatura|299x299px|Costa-Gavras dirixiu Z (1969), o primeiro filme presentado por Alxeria e o primeiro en gañar o premio. Alxeria presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1969. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2024, catro filmes alxerianos foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, e outro máis, Z de Costa-Gavras, gañou o premio. Os outros dous directores cuxos filmes foron finalmente nomeados ó premio son Ettore Scola e Rachid Bouchareb. Le Bal de Scola foi aceptado como nomeado na 56ª edición dos premios. Bouchareb ten dous filmes aceptados como nomeados: Poussières de vie na 68ª edición e Indigènes na 79ª edición.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que Alxeria presentou para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1969(42ª) Z Costa-Gavras 1975(48ª) Chronique des années de braise 1982(55ª) Vent de sable 1983(56ª) Le Bal 1987(60ª) La Dernière image 1991(64ª) Cheb 1994(67ª) Automne... Octobre à Alger 1995(68ª) Poussières de vie 1996(69ª) Salut cousin! 2000(73ª) Little Senegal 2001(74ª) Inch'Allah dimanche 2002(75ª) Rachida 2006(79ª) Indigènes 2008(81ª) Masquerades 2010(83ª) Hors-la-loi 2012(85ª) Zabana! Saïd Ould Khelifa 2015(88ª) Ghouroub Edhilal Mohammed Lakhdar-Hamina 2016(89ª) Le Puits Lotfi Bouchouchi 2017(90ª) La Route d'Istanbul Rachid Bouchareb 2018(91ª) Ila akher ezaman Yasmine Chouikh 2019(92ª) Papicha Mounia Meddour 2020(93ª) Héliopolis Djafar Gacem 2021(94ª) Héliopolis Djafar Gacem 2022(95ª) Nos frangins 2024(97ª) 196 mitr Chakib Taleb-Bendiab
Notas
Categoría:Cinema de Alxeria Alxeria