O Nepal presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1999. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2024, catorce filmes nepaleses foron presentados ó Óscar ó mellor filme internacional, dos cales un foi finalmente nomeado, Himalaya, l'enfance d'un chef, que foi o primeiro filme que presentaron.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Nepal para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Título orixinal Director Resultado 1999(72ª) Himalaya, l'enfance d'un chef हिमालय 2000(73ª) Mukundo मुकुण्डो 2003(76ª) Muna Madan मुनामदन 2006(79ª) Basain बसाई 2013(86ª) Soongava सुनगाभा 2014(87ª) Jhola झोला 2015(88ª) Talakjung vs Tulke टलकजंग भर्सेस टुल्के 2016(89ª) Kalo Pothi कालो पोथी 2017(90ª) Seto Surya सेतो सुर्य 2018(91ª) Panchayat पंचायत 2019(92ª) Bulbul बुलबुल 2022(95ª) Ainaa Jhyal Ko Putali ऐना झ्यालको पुतली Sujit Bidari 2023(96ª) Halkara हल्कारा Bikram Sapkota 2024(97ª) Shambhala शम्भाला Min Bahadur Bham 2025(98ª) Anjila एन्जिला Milan Chams

Notas

Categoría:Cinema do Nepal Nepal