Haumea é a deusa da fertilidade e os partos na mitoloxía hawaiana. É a nai de importantes deidades, como Pele, Kāne Milohai, Kāmohoaliʻi, Nāmaka, Kapo e Hiʻiaka. Haumea é unha das deidades hawaianas máis importantes, e a súa adoración é das máis antigas nas illas de Hawai. Segundo as lendas, foi finalmente asasinada por Kaulu.

Legado

O 17 de setembro de 2008 a Unión Astronómica Internacional (IAU) anunciou o nome de Haumea para deniminar ao quinto planeta anano do sistema solar na honra desta deidade hawaiana. As dúas lúas deste planeta nomeáraronse como as fillas da deusa Haumea: Hiʻiaka e Namaka.IAU names fifth dwarf planet Haumea , International Astronomical Union, News release, 17 de setembro de 2008, París.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Haumea (planeta anano) Bibliografía

Categoría:Deusas hawaianas Categoría:Deusas da fertilidade