Francisco Antonio Sánchez García, coñecido como Antón de Pepiño, nado nos Modillós (Curtis) o 18 de xaneiro de 1874 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xaneiro de 1939,El Compostelano, 2-1-1939, p. 2. foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Primeiro dos sete fillos de Antonio Sánchez Gómez e Antonia García Murujosa. Emigrou a Arxentina onde fixo fortuna e adquiriu formación. En Buenos Aires relacionouse cos intelectuais dos centros galegos, foi un dos fundadores de Caras y Caretas e colaborou en La Nación, La Prensa e Nova Galicia. O 11 de novembro de 1905 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega. Regresou a Galicia e mercou as terras que estaban á venda en Teixeiro. Casou con Enriqueta García e instaláronse en Teixeiro. Foi correspondente de El Eco de Galicia, colaborou en El Ideal Gallego e na prensa española: El Debate, La Nación e ABC. Cando medraron as fillas trasladáronse a vivir a Santiago de Compostela para que puideran estudar carreiras universitarias. En Compostela relacionouse con Otero Pedrayo, Vicente Risco, Filgueira Valverde e Álvaro Cunqueiro. Colaborou en El Compostelano e en 1925 foi nomeado director de Diario de Galicia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 afiliouse a Falange Española Tradicionalista y de las JONS e continuou coas súas colaboracións en El Compostelano agora centradas na promoción da Falange.

Obras Obra escollida, 2005, Fundación Horrêum Fundazioa. Obra escogida, 2007, Fundación Horrêum Fundazioa.

Recoñecementos

miniatura|Casa de Antón de Pepiño en Teixeiro. O 11 de novembro de 2005 foi nomeado fillo predilecto do concello de Curtis. Recibe o seu nome, en Teixeiro, a biblioteca pública municipal e dúas rúas onde estaba a súa casa.

Vida persoal

Casou con Enriqueta García Rego o 24 de novembro de 1910, e tivo seis fillas e un fillo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Curtis Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Curtis Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1897 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público