miniatura|Alfonso Cuarón dirixiu Roma (2018), primeiro filme mexicano en gañar o premio. México presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1957. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2023, México presentou cincuenta e nove filmes para o Óscar e nove deles foron nomeados pola Academia para o mellor filme internacional. Arturo Ripstein representou a México en cinco ocasión, máis ca ningún outro director mexicano, mais nunca recibiu un nomeamento. Roma converteuse no primeiro filme mexicano en gañar o premio.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou México para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Tódalas propostas mexicanas foron rodadas en castelán, con dúas excepcións: a proposta de 2007, Stellet Licht, que foi rodada exclusivamente no dialecto plautdietsch do baixo alemán, e a proposta de 2018, Roma, que está parte en castelán e parte en mixteco.
Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1957(30ª) Torero! 1959(32ª) Nazarín 1960(33ª) Macario 1961(34ª) Ánimas Trujano 1962(35ª) Tlayucan 1963(36ª) El hombre de papel 1965(38ª) Tarahumara 1966(39ª) Viento negro 1967(40ª) Los adolescentes 1971(44ª) El topo 1973(46ª) Reed, México insurgente Paul Leduc 1974(47ª) Calzonzin Inspector 1975(48ª) Actas de Marusia 1976(49ª) Longitud de guerra 1977(50ª) Pafnucio Santo 1978(51ª) El lugar sin límites 1981(54ª) El mojado remojado 1983(56ª) Eréndira 1985(58ª) Frida, naturaleza viva 1986(59ª) El imperio de la fortuna 1987(60ª) Lo que importa es vivir 1988(61ª) El último túnel 1990(63ª) Cabeza de Vaca 1991(64ª) La tarea 1992(65ª) Como agua para chocolate 1993(66ª) Chronos 1994(67ª) Principio y fin 1995(68ª) El callejón de los milagros 1996(69ª) Entre Pancho Villa y una mujer desnuda 1997(70ª) Profundo Carmesí 1998(71ª) Un embrujo 1999(72ª) El coronel no tiene quien le escriba 2000(73ª) Amores perros 2001(74ª) Perfume de violetas, nadie te oye 2002(75ª) El crimen del padre Amaro 2003(76ª) Aro Tolbukhin. En la mente del asesino Isaac Pierre Racine 2004(77ª) Voces inocentes 2005(78ª) Al otro lado 2006(79ª) El laberinto del fauno 2007(80ª) Stellet Licht 2008(81ª) Arráncame la vida 2009(82ª) El traspatio 2010(83ª) Biutiful 2011(84ª) Miss Bala 2012(85ª) Después de Lucía 2013(86ª) Heli 2014(87ª) Cantinflas Sebastian del Amo 2015(88ª) 600 millas Gabriel Ripstein 2016(89ª) Desierto Jonás Cuarón 2017(90ª) Tempestad Tatiana Huezo 2018(91ª) Roma Alfonso Cuarón 2019(92ª) La camarista Lila Avilés 2020(93ª) Ya no estoy aquí Fernando Frías de la Parra 2021(94ª) Noche de fuego Tatiana Huezo 2022(95ª) Bardo, falsa crónica de unas cuantas verdades Alejandro González Iñárritu 2023(96ª) Tótem Lila Avilés 2024(97ª) Sujo Astrid Rondero e Fernanda Valadez 2025(98ª) No nos moverán Pierre Saint-Martin Castellanos
Notas
Categoría:Cinema de México México