O nesgo de xénero defínese como unha inclinación tendenciosa cara a unha persoa ou colectivo en función do seu xénero. Este nesgo pode producir unha predisposición, parcialidade, prexuízo ou predilección na selección, representación ou toma de decisións cara a un individuo ou colectivo. Enténdese como un enfoque incorrecto da igualdade entre as persoas, o que pode levar a comportamentos desiguais e discriminatorios, nos que, malia que existan grupos mixtos, se ten certo favoritismo cara a un xénero, incluso inconscientemente.
Os nesgos de xénero poden facerse evidentes nos procesos de socialización tanto na infancia como na idade adulta, e no momento de adoptar roles nos ámbitos laborais ou familiares. No ámbito laboral, por exemplo, o nesgo de xénero pódese definir como un tratamento desigual das oportunidades laborais (como a promoción, remuneración, beneficios e privilexios) debido ás actitudes baseadas no xénero dun empregado ou dun grupo de empregados.
É unha realidade que afecta a gran parte da esfera social, incluída a produción científica,V. Valian, «Why so slow? The advancement of women», Cambridge, Massachusetts : MIT Press (1998) o urbanismo, o transporte, o clima, a economía ou a relixión, entre outras moitas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Nesgo de xénero na Wikipedia
Categoría:Feminismo Categoría:Socioloxía Categoría:Xénero