Rosalía Génova Freire, nada en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1904,Gaceta de Galicia, 24-2-1904, p. 3. foi unha política galega.

Traxectoria

Casada co militante comunista José Domingo González Boullosa, vivían en Vilagarcía de Arousa en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida o 24 de xullo. Permaneceu en prisión sen procesamento xudicial até 1939. As súas fillas, todas menores, foron dadas en adopción a varias familias da provincia de Ourense, aínda que ao saír da cadea puido recuperalas.

Vida persoal

Casou en Santiago de Compostela con José Domingo González Boullosa en marzo de 1921,El Compostelano, 10-3-1921, p. 2. e tivo tres fillas e un fillo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A morte de José Domingo González "O Tapiceiro"

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes