Iago Caamaño Figueira, nado en Culleredo o 4 de abril de 1977, é un piloto galego de rally, que compite no Campionato de Galicia de Rally.
Foi subcampión galego en 2016 e 2020, e terceiro en 2017 e 2019. É fillo do empresario e expiloto José Caamaño, cofundador do Grupo Caamaño.
Traxectoria
Inicios (2005-2015) esquerda|miniatura|Porsche 997 GT3 de Iago Caamaño e Alberto Rodríguez no Rally Rías Baixas de 2015 Comezou competindo en autocross, disputando o campionato galego e proclamándose campión en 2007 a bordo sun Semog, na categoría de Car Cross 600cc. En 2010 gañou o Campionato de España de Car Cross. Ao ano seguinte quedou sexto no seu último ano na especialidade, antes de pasarse aos rallys.
En 2012 e 2013 disputou varios rallys do Campionato de Galicia e do Campionato de España cun Ford Fiesta R2, logrando como mellor resultado un 15º posto no Rally Botafumeiro de 2012. Comezou con José Antonio Pintor como copiloto, correndo máis tarde con Nicolás Cernadas e Javier Varela. Empezou 2014 no Rally Concello de Curtis, do Nacional de Terra, onde tivo que abandonar, e a continuación disputou varios rallys do nacional de asfalto, cun décimo posto no Rally do Bierzo como mellor resultado. En 2015, cun Porsche 997 GT3, alternou o nacional co galego, logrando mellores resultados como un 5º posto no Rally da Coruña ou un 6º no Rally Ourense-Ribeira Sacra. Nesa tempada comezou a correr co copiloto Alberto Rodríguez ao seu carón, co que continúa a día de hoxe.
Subcampión de Galicia (2016-actualidade) miniatura|Iago Caamaño e Alberto Rodríguez no Rally Eurocidade Tui-Valença de 2016 Disputou a tempada 2016 do campionato galego cun Ford Fiesta R5 e comezou logrando o seu primeiro podio na primeira proba, o Rally de Noia, cun terceiro posto, por detrás de Iván Ares e Alberto Meira. A continuación conseguiu tres segundos postos consecutivos nos tres seguintes rallys (Cocido, Eurocidade Tui-Valença e Cidade de Narón). Na seguinte proba, o Rally Sur do Condado, tivo que abandonar ao sufrir unha saída de pista no terceiro treito, en Ponteareas. Volveu ao podio nas dúas seguintes citas, o Rally San Froilán (3º) e o Rally Ourense-Ribeira Sacra (2º). Co anuncio da anulación do Rally da Coruña, Alberto Meira gañou matematicamente o título, polo que Caamaño decidiu non participar xa na restante proba, o Rally Comarca da Ulloa, finalizando deste xeito a tempada como subcampión. Ademais do galego, competiu tamén ese ano en dous rallys do nacional, o Rally de Ferrol e o Rally Princesa de Asturias, rematando en 6º e 11ª posición respectivamente.miniatura|Accidente de Iago Caamaño no Rally Sur do Condado de 2016|alt=|esquerdaNa tempada 2017 mantivo unha gran regularidade durante toda a competición e non baixou do podio en ningunha das seis primeiras carreiras: segundo na Coruña, Narón, Sur do Condado e Ourense-Ribeira Sacra e terceiro no Cocido e en Noia. No penúltimo rally da tempada, o San Froilán, quedou en cuarta posición, colocándose terceiro nunha axustada clasificación xeral do campionato, a 77 puntos de Alberto Meira (2º) e a 131 do líder, Víctor Senra. Con todo, o Rally Comarca da Ulloa, última proba do calendario, foi suspendido, polo que as posicións xa non se moveron. Tamén participou no Rally Villa de Llanes, do nacional, acabando en oitava posición. miniatura|Ford Fiesta R5 de Iago Caamaño no Rally San Froilán de 2017 No primeiro rally da tempada 2018, o Rally da Coruña, non puido asistir o seu copiloto habitual, Alberto Rodríguez, polo que acudiu con Antonio Solórzano. Aínda que chegou a liderar brevemente a proba rematou finalmente en terceira posición, por detrás de Iván Ares e Víctor Senra. A mediados de marzo disputou o Rally do Cocido, proba do Campionato de España, onde mantivo unha loita pola segunda praza co cinco veces campión de España, Miguel Fuster, pero a rotura do radiador do seu Ford Fiesta fíxoo abandonar a competición. A mediados de abril correu o Rally de Noia, que se converteu nun man a man baixo a chuvia entre Caamaño e Víctor Senra, sendo a vitoria finalmente para Caamaño que deste xeito logrou subir por primeira vez ao máis alto do podio nun rally. Ademais colocouse líder do campionato. Disputou a continuación o Rally Rías Baixas, onde unha picada de roda o relegou á 18ª posición final, a pesar de marcar o mellor tempo en seis dos sete treitos disputados. Volveu ao podio en Narón, na cuarta proba do calendario galego, quedando segundo a pouco máis dun segundo do vencedor, Víctor Senra. Chegou ao Sur do Condado empatado a puntos con Senra no liderado do campionato, pero unha saída de pista impediulle rematar a carreira, que foi gañada por Alberto Meira e con Senra segundo. Subiu ao podio nas dúas seguintes citas, o Botafumeiro (3º) e o Ourense-Ribeira Sacra (2º), mentres que tanto el como Meira tiveron que abandonar no Rally San Froilán, asegurándose así matematicamente Víctor Senra o seu segundo título autonómico a falta do Comarca da Ulloa, ó que xa non acudiron nin el nin Caamaño. Rematou a tempada en cuarta posición. esquerda|miniatura|Celebración de RMC Motorsport no Rally Botafumeiro de 2018, con Víctor Senra, David Vázquez, Iago Caamaño e Alberto Rodríguez No Rally da Coruña de 2019, primeira proba da tempada, rematou en terceira posición por detrás de Iván Ares e Víctor Senra, mentres que unha avaría mecánica deixouno fóra no Rally de Noia. No Rías Baixas quedou en cuarta posición, a máis dun minuto de Senra, vencedor da proba. En xuño disputou o Rally Cidade de Narón, onde a pesar de comezar en terceira posición, conseguiu subir rapidamente á primeira, da que xa non se moveu até a meta. Esta vitoria produciuse 30 anos despois de que seu pai, José Caamaño, lograse subir tamén ao máis alto do podio na segunda edición do rally. No Rally Sur do Condado perdeu unha roda e tivo que abandonar este rally por terceira vez. Comezou liderando o Rally Botafumeiro, pero Víctor Senra non tardou en quitarlle o primeiro posto e gañar por sétima vez a proba santiaguesa, con Caamaño segundo. Sufriu outros dous abandonos nas seguintes carreiras: no Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra saíu da estrada no último tramo, cando ía terceiro., mentres que no San Froilán quedou fóra por problemas mecánicos, perdendo as opcións para o subcampionato. Con todo, conseguiu o triunfo no 1º Rally Mariña Lucense, onde correu cun Volkswagen Polo R5 propiedade de AR Vidal, e rematou en terceira posición o campionato. Tamén en 2019 disputou varias probas fóra de Galicia como o Rallysprint de La Mencía, onde quedou 2º, o Rally Sierra Morena, do Campionato de España, quedando 6º, o Rally Cangas del Narcea, do campionato asturiano (3º) ou o Rally Ribamontán al Mar-1000 Cruces, do campionato cántabro (2º). Nos dous últimos utilizou o seu novo Ford Fiesta R5 MkII, que mercou ao campión de España Luis Monzón para disputar a seguinte tempada.
A principios de febreiro de 2020 disputou o 27º Rally do Bierzo, onde volveu subir ao podio, por detrás de Surhayen Pernía e Félix Macías. Tres semanas despois arrancou a tempada 2020 do campionato galego, coa celebración do 24º Rally da Coruña. Víctor Senra comezou dominando na sesión matinal por diante de Caamaño, pero xa na tarde Caamaño marcou o mellor tempo nos treitos 4 e 5 recortando diferenzas, e colocouse líder tras a disputa do sexto treito, con 19 segundos de vantaxe sobre Senra, aproveitando os problemas mecánicos deste. Con todo, Senra solucionou os seus problemas e comezou a recortar distancia con Caamaño, poñéndose a 12 segundos a falta do último treito. Finalmente o piloto de Dumbría foi capaz de culminar a remontada e vencer a Caamaño nun final moi axustado, por só 159 milésimas.
Palmarés
Resultados do Campionato de Galicia AnoEquipoVehículo123456789PosiciónPuntos2012A. FerrolFord Fiesta R2COCRDNULLCDNRetSDCRetLUGRBS18BOT15-2013Ford Fiesta R2SDGRDCRetRDN15ULLCDNSDCBXLLUGRBS-2015BerberechoPorsche 997 GT3RDCNOI12EURNARSDCCOR5CDUSFRRBS6-2016Lalín-DezaFord Fiesta R5RDN3COC2TVA2CDN2SDCRetLUG3RBS2ULL2º12302017Lalín-DezaFord Fiesta R5COR2COC3RDN3CDN2SDC2RBS2LUG43º12152018Lalín-DezaFord Fiesta R5COR3RDN1RBX18CDN2SDCRetBOT3RBS2LUGRetULL4º10792019Lalín-DezaCitroën C3 R5COR3RDNRetRBX4CDN1SDCRetBOT2RBSRetLUGRetMAL12º10412020Lalín-DezaFord Fiesta R5 MkIICOR2LUG5MAL42º203
Resultados do Campionato de España AnoEquipoVehículo12345678910PosiciónPuntos2012A. FerrolFord Fiesta R2CNRCANRBXORNFRR20PRAVLLSRMRCM2013Rias BaixasFord Fiesta R2CNRCANRBX2761º5La CoruñaORNRetFRRRetPRAVLLRetRCM182014RMC MotorsportFord Fiesta R2CNRSRMRBX13ORNBIE10FRRPRAVLL18CANRCM29º262015RMC MotorsportPorsche 997 GT3VDACNRSRM12RBX27OURRetFRR9PRAVLL9RCMRet17º392016Lalín-DezaFord Fiesta R5CNRVDASRMFRR6CANORNPRA11VLLMEDRCM22º322017Lalín-DezaFord Fiesta N5SRMCNRVDDORNFRRPRAVLL8CANMEDRCM42º172018Lalín-DezaFord Fiesta R5COCRetSRMCNRVDAORNFRRPRAVLLCANMEDRCM32º192019RMC MotorsportFord Fiesta R5SRM5CNRVDAORNCOCFRRPRAVLLCANMEDRCM25º28
Resultados do Campionato de España de Rally de Terra AnoEquipoVehículo123456PosiciónPuntos2014RMC MotorsportFord Fiesta R2LORCURRetANDBIE23CER22RIO461
Resultados do Campionato do Mundo Ano Equipo Vehículo 1 Posición Puntos2014RMC MotorsportFord Fiesta R2CAT53 - 0
Notas
Véxase tamén Outros artigos Víctor Senra Alberto Meira Ligazóns externas Sitio web oficial Perfil de Iago Caamaño en ewrc-results.com
Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Pilotos do Campionato do Mundo de Rally