Esta é unha cronoloxía das mulleres en física, desde o século XVII até o século XXI. Os eventos cronolóxicos amosados na liña do tempo están relacionados coas achegas científicas e coa igualdade de xénero na física.

Galardoadas co Premio Nobel

1903 Marie Curie 1963 Maria Goeppert Mayer 2018 Donna Strickland 2020 Andrea Ghez 2023 Anne L'Huillierminiatura|Marie Curie

Só cinco mulleres gañaron o Nobel de Física, outorgado anualmente desde 1901 pola Real Academia das Ciencias de Suecia. Pero puideron ser máis, entre elas Lise Meitner, Jocelyn Bell, Marietta Blau ou Vera Rubin. Marie Curie foi a primeira muller en recibir o premio en 1903, xunto con Pierre Curie e Henri Becquerel, a primeira persoa e única muller en recibir dous premios Nobel. Maria Goeppert Mayer foi a segunda muller en gañar o premio en 1963, polas súas súas contribucións a entender a estrutura nuclear. Donna Strickland foi a terceira muller en gañar o premio en 2018 con Gérard Mourou.

Outras mulleres que fixeron importantes contribucións ao campo de física aparecen nos seguintes apartados.

Séculos XVII e XVIII 1668: Despois de separarse do seu marido, a francesa Marguerite de la Sablière estableceu un salón popular en París. Os científicos e os eruditos de diferentes países visitaron o salón regularmente para falar de ideas e compartir coñecementos. Sablière estudou física, astronomía e historia natural cos seus invitados.

1732: A física italiana Laura Bassi converteuse na primeiro muller membro da Academia de Ciencias de Boloña. Un mes máis tarde, defendeu a súa tese doutoral publicamente. Bassi foi a primeira muller profesora de física no mundo.

1738: Émilie du Châtelet foi a primeira muller en publicar un traballo na Academia de París.

1740: Émilie du Châtelet publicou Institucións de Physique, proporcionando un fundamento metafísico para a física de Newton.

1751: A física italiana Cristina Roccati recibiu o seu doutoramento pola Universidade de Bologna.

1776: Na Universidade de Boloña, a física italiana Laura Bassi foi a primeira muller nomeada catedrática de física.

Século XIX 1816: A física e matemática francesa Sophie Germain foi a primeira muller en gañar un premio da Academia de París de Ciencias polo seu traballo en elasticidade.

1897: A física americana Isabelle Stone foi a primeira muller en obter un doutoramento en física nos Estados Unidos.

1898: A física danesa Kirstine Meyer foi galardoada coa medalla de ouro da Academia danesa Real de Ciencias e Letras.

1899: A física irlandesa Edith Anne Stoney foi nomeada profesora universitario de física no Colexio de Medicina para Mulleres de Londres. Máis tarde foi unha figura pioneira no uso de máquinas de raios X nas liñas da fronte da primeira guerra mundial.

1899: As físicas americanas Marcia Keith e Isabelle Stone foron as primeiras mulleres membros da Sociedade Americana de Física.

Século XX

Década de 1900 1903: Marie Curie recibiu o Premio Nobel de Física xunto co seu marido, Pierre Curie, e Henri Becquerel, pola descuberta da radioactividade e os dous elementos radioactivos: o radio e o polonio.

1900: As físicas Marie Curie e Isabelle Stone asistiron ao primeiro Congreso Internacional de Física en París, Francia. Eran as únicas dúas mulleres de 836 participantes.

1906: A física, matemática e enxeñeira inglesa Hertha Ayrton foi a primeira muller receptora da Medalla Hughes da Royal Society. Recibiu o premio pola súa investigación experimental no arco eléctrico e nas ondulacións na area.

1909: A física danesa Kirstine Meyer foi a primeira muller danesa en recibir un doutoramento en ciencias naturais. Escribiu a súa disertación sobre "o desenvolvemento do concepto de temperatura" dentro da historia de física.

Década de 1910 1911: Marie Curie gañou o Premio Nobel en Química. Isto converteuna na primeira persoa en gañar dous premios Nobel .

1918: Emmy Noether creou o teorema de Noether que explica a conexión entre simetría e leis de conservación.

Década de 1920

1919: A física Hendrika Johanna van Leeuwen, obtivo o seu doutoramento . Na súa disertación explicou por que o magnetismo é esencialmente un efecto mecánico cuántico,  hoxe coñecido como teorema de Bohr-van Leeuwen.

1925: A astrónoma e astrofísica Cecilia Payne-Gaposchkin estableceu que o hidróxeno é o elemento máis común nas estrelas, e o elemento máis abundante no universo. 1925: Jane Dewey foi a única muller da chamada xeración afortunada de físicos estadounidenses.

1926: Felisa Martín Bravo convertese na primeira doutora en Física en España. 1926: Katharine Burr Blodgett foi a primeira muller en obter un doutoramento en física na Universidade de Cambridge.

Década de 1930 1934: Antonia Ferrín Moreiras comezou a traballar, en 1934, como profesora axudante de Física e Matemáticas na USC. En 1963 presentou a primeira tese de Astronomía realizada por unha muller en España. 1936: A sismóloga e xeofísica danesa Inge Lehmann descubriu que a Terra ten un núcleo interior sólido dentro dun núcleo externo fluído.

1937: Marietta Blau e a súa estudante Hertha Wambacher, ambas as dúas físicas austríacas, recibiron o Premio Lieben da Academia austríaca de Ciencias polo seu traballo en observacións de raios cósmicos cunha técnica de emulsión fotográfica.

1939: Lise Meitner liderou o pequeno grupo de científicos que descubriron a fisión nuclear do uranio.

1939: A física francesa Marguerite Perey descubriu o francio.

Década de 1940 1941: Ruby Payne-Scott uniuse o Laboratorio de Física do Radio de CSIRO do Goberno de Australia; foi a primeira muller radio astrónoma.

1945: As matemáticas e físicas americanas Frances Spence, Ruth Teitelbaum, Marlyn Meltzer, Betty Holberton, Jean Bartik e Kathleen Antonelli programaron o computador ENIAC, converténdose nas primeiras programadoras do mundo.

1947: Berta Karlik, física austríaca, recibiu o Premio Haitinger da Academia Austríaca de Ciencias por descubrir os isótopos do ástato, e da existencia deste na natureza como produto de procesos de decaemento naturais.

1948: Maria Telkes deseñou o primeiro sistema de calefacción solar para a Casa Solar de Dover, deseñada por Eleanor Raymond.

Década de 1950 1952: Fotografía 51, unha imaxe de difracción de raios X do ADN tomada por Raymond Gosling en maio de 1952, cando traballaba como estudante baixo a supervisión de Rosalind Franklin. Foi unha proba fundamental para identificar a estrutura do ADN.

1956: A física Chien-Shiung Wu dirixiu un experimento de física nuclear. O experimento, chamado experimento Wu, contradice a hipotética lei de conservación da paridade. Este descubrimento deu como resultado que os seus colegas Tsung-Dao Lee e Chen-Ning Yang gañasen o premio Nobel de física en 1957. miniatura|Maria Goeppert Mayer Década de 1960 1960: A física e médica americana Rosalyn Yalow recibiu o Nobel Premio en Fisioloxía ou Medicina xunto con Roger Guillemin e Andrew V. Schally Quen . 1960: A física María Luisa Canut trasladouse á Universidade do Sur de Illinois, para continuar a súa investigación e alí involucrouse na loita pola igualdade salarial.

1962: A física francesa Marguerite Perey foi a primeira muller en ser admitida na Académie des Ciencias.

1963: Maria Goeppert Mayer converteuse na primeira muller americana en recibir un Premio Nobel de Física; compartiu o premio con J. Hans D. Jensen e Eugene Paul Wigner.

1964: Chien-Shiung Wu falou no MIT sobre a discriminación de xénero.

1967: A astrofísica Jocelyn Bell Burnell descubriu o primeiro radiosinal dun púlsar xunto ao seu titor de tese, Antony Hewish. En 1974 Hewish foi galardoado co Premio Nobel de Física por este descubrimento, un premio no que se obviou o nome de Jocelyn Bell.

Década de 1970 1970: Vera Rubin obtivo a evidencia máis forte até ese intre da existencia da materia escura. 1971: María Josefa Yzuel converteuse na primeira muller con praza permanente de profesora universitaria no campo da Física en España. 1972: Willie Hobbs Moore foi a primeira muller afroamericana en recibir un doutaramento en física.

1972: Sandra Faber converteuse na primeira muller en formar parte do persoal do Observatorio Lamber a Universidade de California, Santa Cruz.

1973: A física americana Anna Coble foi a primeira muller afroamericana en recibir un doutoramento en biofísica, completando a súa disertación na Universidade de Illinois.

1974: A física Mary K. Gaillard realizou a predición da masa do quark encantado con anterioridade ao seu descubrimento (con B. W. Le). 1978: Chien-Shiung Wu recibiu o Premio Wolf en Física pola súa contribución ao desenvolvemento do Modelo Estándar.

1980: A xeofísica nixeriana Deborah Ajakaiye converteuse na primeira muller africana nomeada profesora de física. Foi a primeiro muller elixida na Academia Nixeriana de Ciencia, e a primeiro muller decana de ciencia en Nixeria.

1983: Inmaculada Paz-Andrade converteuse na primeira catedrática de Física na USC. En 1992 foi a primeira muller galardoada coa Medalla de Ouro da Real Sociedade Española de Física (RSEF). 1983: A física e astronauta Sally Ride converteuse na primeira muller estadounidense en viaxar ao espazo. 1992: Crease o Daphne Jackson Trust co legado da física británica Daphne Jackson, co fin de axudar as persoas talentosas a regresar as súas carreiras STEM.

Século XXI

Década de 2000 2000: Mildred Dresselhaus converteuse en directora da Oficina de Ciencia no Departamento de Enerxía dos Estados Unidos. 2000: Claudine Hermann cofundou a plataforma Femme & Sciences con Huguette Delavault. 2000: A astrofísica venezolana Kathy Vivas presentou o seu mapa de estrelas RR Lyrae, proporcionando idea á estrutura e historia da galaxia de Vía Láctea.

2001: Lene Hau e o seu equipo lograron deter un raio de luz completamente.

2002: Creación do Grupo Especializado de Mujeres en Física seguindo as recomendacións da IUPAP (International Union of Pure and Applied Physics) e da Comisión Europea, cos obxectivos de aumentar a presenza de mulleres en física, visibilizar os seus logros e defender os intereses e a igualdade de dereitos e oportunidades das físicas. 2002-2004: Jocelyn Bell Burnell foi presidenta da Real Sociedade Astronómica.

2003: A xeofísica americana Claudia Alexander foi responsable das etapas finais de Proxecto Galileo, unha misión de exploración espacial que acabou no planeta Xúpiter.

2003: Deborah S. Jin e o seu equipo foron os primeiros en condensar pares de átomos fermiónicos.

2005: A galega Mar Capeáns foi a primeira muller española en formar parte do persoal do CERN. 2006 María Ángeles López Agüera é elixida decana da Facultade de Física da USC, e convértese na primeira muller en ocupar este cargo nunha facultade de ciencias na USC. 2007: A física Ibtesam Badhrees foi a primeira muller de Arabia Saudita na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN). miniatura|Donna Strickland Década de 2010 2011: A astrofísica americana e de orixe taiwanés Ma Chung-Pei liderou un equipo de científicos que descubriron varios dos buratos negros máis grandes coñecidos de 2011 a 2016. 2013: Nashwa Eassa fundou a ONG Mulleres sudanesas en Ciencias. 2013: Marcia Barbosa recibiu o Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia. 2014: A física teórica americana Shirley Anne Jackson recibiu a Medalla Nacional de Ciencia. Jackson foi a primeira muller afroamericana en recibir un doutoramento no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), e a primeira muller en presidir a Comisión Nuclear Reguladora dos EE.UU. 2015: Rabia Salihu Sa'id recibiu o Premio da Fundación Elsevier para científicas novas no mundo en desenvolvemento. miniatura|Andrea Ghez2016: Fabiola Gianotti converteuse na primeira Directora do CERN. 2016: Gabriela González foi unha dos catro científicos de LIGO que anunciaron a primeira observación ondulatoria gravitacional. Foi elixida pola revista Nature como unha das 10 figuras máis importantes no mundo da ciencia.