María Mercedes Álvarez Lires, nada no ano 1946, é unha científica galega doutora en Química.
Traxectoria Dende 2009 é profesora da Universidade de Vigo do departamento de Didácticas especiais na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. Codirixe o grupo de investigación CIES e é vicepresidenta do Seminario Interdisciplinario de Estudos de Xénero da Universidade. O seu labor docente e investigador en xénero, ciencia e educación foi recoñecido con diversos premios.
En 2016 comezou a formar parte da "Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade" no Consello da Cultura Galega, na que participa con publicacións e como relatora. Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.
Recoñecementos
Premio Uviguala da Universidade de Vigo 2017 polo seu compromiso coa igualdade de xénero. Premios de Igualdade María Vázquez Suárez 2025.
Publicacións Astronomía, matemáticas e o seu ensino na obra de Frei Martín Sarmiento (1695-1772): aplicacións didácticas da historia das ciencias e das técnicas. Uxío Pérez Rodríguez, María Mercedes Álvarez Lires, José Lillo Beviá. Universidade de Vigo, Área de Normalización Lingüística, 2013. ISBN 978-84-8158-622-0. Las científicas y su historia en el aula. María Mercedes Álvarez Lires, Núria Solsona i Pairó, Teresa Nuño Angós. Síntesis, 2003. ISBN 84-9756-057-4. Sarmiento: un científico da Segunda Ilustración. María Mercedes Álvarez Lires. Universidade de Santiago de Compostela, 2002. ISBN 84-9750-028-8.
A lo longo da súa traxectoria investigadora levou a cabo numerosas publicacións.
Notas
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Vigo