Xoán III de Alençon chamado "o Sabio"Aparece ás veces como Xoán I, por ser o primeiro deste nome en ser duque., nado en 1385 e finado en Azincourt en 1415, foi conde, logo Duque de Alençon, conde de Perche e barón de Sainte Suzanne, fillo de Pedro II de Alençon e María Chamaillard. Foi o primeiro na liña que levou o título de duque. Traxectoria Sucedeu moi novo ao seu pai e viviu un período de axitación, no medio das faccións que dividían o círculo de Carlos VI de Francia o Tolo. Apoiou a Lois I de Orleáns e asolou as terras dos partidarios dos borgoñóns no Vermandois, despois participou nas tomas de Saint-Denis e Saint-Cloud. Carlos VI, mentres asediaba aos duques de Berry e Borbón en Bourges, enviou a Luís de Anjou contra Xoán de Alençon, que tivo que se someter ao rei e acompañouno nos cercos de Compiègne, Noyon, Soissons, Bapaume e Arràs. O rei armouno cabaleiro ante Bapaume e erixiu Alençon como ducado-paria en 1414.

Henrique V de Inglaterra invadiu Francia e os dous exércitos atopáronse na batalla de Azincourt. No momento deste gran combate, Xoán de Alençon, que dirixiu o exército francés, amosou a mesma temeridade que o seu antepasado en Crécy; dise que antes de morrer matou a Eduardo, duque de York, feriu a Humphrey, duque de Gloucester, e cortou un adorno da coroa de Henrique V de Inglaterra, pero finalmente foi superado pola garda real inglesa e cando se ía render foi morto polo nobre galés Dafydd Gam.

Matrimonio e fillos Casou o 26 de xuño de 1396 con María da Bretaña (1391 - 1446), filla de Xoán, Duque da Bretaña e Xoana de Navarra e tiveron a: Pedro (1407 - 1408), conde de Perche. Xoán II (1409 - 1476), duque de Alençon e conde de Perche. María (1410 - 1412). Xoana (1412 - 1420). Carlota (1413 - 1435). Tamén tivo fillos ilexítimos: Pedro (morto en 1424), bastardo de Alençon, señor de Gallandon. Margarida, bastarda de Alençon, casada con Xoán de Saint-Aubin, señor de Preaux.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Liste des seigneurs de Sainte-Suzanne, en Alphonse-Victor Angot, Ferdinand Gaugain, Dictionnaire historique, topographique et biographique de la Mayenne, Goupil, 1900-1910.

Categoría:Condes de Alençon Categoría:Nados en 1385 Categoría:Finados en 1415 Categoría:Mortos en combate Categoría:Condes de Perche Categoría:Nados no departamento de Orne