Os Sacramento River Cats son un equipo de béisbol estadounidense das Ligas Menores (Minor League Baseball) con sede en West Sacramento, California. . O club, de clase Triple-A, compite na West Division da Pacific Coast League (PCL). Desde 2015 están afiliados aos San Francisco Giants da Major League Baseball. Anteriormente, entre o 2000 e 2014, estaban afiliados aos Oakland Athletics. O equipo xoga os seus xogos como local no Sutter Health Park (até 2019 coñecido como Raley Field), un estadio con capacidade para 10.624 espectadores sentados, ampliábel até os 14.014. En 2016, Forbes clasificou ao equipo como o máis valioso das ligas menores cun valor de 49 millóns de dólares.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos das MiLB