Eladio López Muñiz, nado en 1909 finado en Lugo o 6 de novembro de 1967, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Estudou no colexio dos Maristas de Lugo e despois fixo Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1932.El Compostelano, 14-6-1932, p. 2. Colaborou en Loita. Foi nomeado xuíz municipal do Páramo en agosto de 1934.El Progreso, 11-8-1934, p. 6. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 afiliouse a Falanxe,El Progreso, 23-12-1936, p. 1. e foi secretario provincial de Prensa e Propaganda.El Progreso, 14-4-1937, p. 4. Foi secretario do concello de Castroverde. Posteriormente foi nomeado secretario provincial da Delegación de Abastecementos e Transportes, vicepresidente provincial de Obras Sindicais e vicepresidente do Club Deportivo Lugo.El Pueblo Gallego, 8-11-1967, p. 14. Era propietario da librería Excelsior de Lugo. Finou en Lugo o 6 de novembro de 1967.El Progreso, 8-11-1967, p. 3, 7.
Vida persoal
Casou con María de la Concepción Rodríguez Regueiro en novembro de 1938,El Progreso, 6-11-1938, p. 2. e foi pai de Eladio, Manuel e María Luisa López Rodríguez. Notas
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Falanxistas Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1967