miniatura|upright=1.3|Lagomorfo en proceso de cambiar de cor desde a camuflaxe de inverno á coloración disruptiva de verán na primavera. O macho está aínda principalmente con plumaxe de inverno. miniatura|upright=1.3|Soldados do Exército Vermello soviético en camuflaxe para a neve preto de Moscova, decembro de 1941. Na imaxe hai polo menos 11 soldados. A camuflaxe para a neve é o uso dunha coloración ou padrón para conseguir unha camuflaxe efectiva en inverno, a miúdo combinada cunha camuflaxe de verán diferente. Os padróns de verán son normalmente disruptivos con combinacións de tons marróns e grises ata o negro, mentres que os padróns invernais están dominados polo branco para cadrar cos tons das paisaxes nevadas.

Entre os animais, a camuflaxe para a neve variable é un tipo de polifenismo estacional cunha plumaxe ou pelame diferenciados de inverno. Atópase en aves como o lagópodo, mamíferos lagomorfos como a lebre ártica, mustélidos como o armiño, e un cánido, o raposo ártico. Como estas especies evolucionaron separadamente, a súa aparencia similar débese a unha evolución converxente. Isto foi aducido como unha das primeiras probas presentadas da selección natural (ver evidencias de coloración da selección natural). Algunhas especies árticas como o bufo nival (Bubo scandiacus) e o oso polar permanecen con cor branca durante todo o ano.

No uso militar, os soldados a miúdo cambian o seu padrón disruptivo dos uniformes de verán por outro invernal de camuflaxe para a neve máis groso no que se imprimen diversas versións de padróns de cor principalmente branca, ou usan monos brancos sobre os seus uniformes. Algúns exércitos utilizaron uniformes reversibles, impresos con diferentes padróns estacionais en cada lado. Os vehículos e armas adoitan ser simplemente repintados de branco. Ocasionalmente, os avións tamén son repintados con padróns de camuflaxe para a neve.

Entre animais Camuflaxe branca miniatura|O bufo nival Bubo scandiacus mantén a súa cor branca durante todo o ano.

Charles Darwin mencionou a coloración branca invernal do lagópodo na súa obra de 1859 A orixe das especies:

A coloración branca protectora dos animais árticos xa suscitou a atención dun dos estudosos iniciais da camuflaxe, o naturalista Alfred Russel Wallace no seu libro de 1889 Darwinism; nel menciona o oso polar, a lebre polar americana, o bufo nival Bubo scandiacus e o falcón Falco rusticolus, os cales manteñen a súa cor branca todo o ano, mentres que o raposo ártico, lebre ártica, armiño e lagópodo cambian de cor ao longo do ano, e sinalou que "a explicación obvia" era que servía para a ocultación, nun período no que a aceptación do darwinismo estaba en recesión. Zoólogos posteriores como Hugh B. Cott fixéronse eco destas observacións, engadindo que outros animais do Ártico como o boi almiscreiro, alce, reno, glutón e corvo nunca se volven brancos "incluso nas partes máis frías da súa área de distribución". Cott indicou que tanto os animais que cazan, como o oso polar e o armiño, coma o que son presas, como o lagópodo e a lebre de montaña, necesitan a camuflaxe para esconderse de presas e predadores, respectivamente. Hai poucas evidencias experimentais da adaptividade da cor branca como camuflaxe, aínda que o ornitólogo W. L. N. Tickell, examinando as explicacións propostas da plumaxe branca das aves, escribiu que no lagópodo "é difícil evitar a conclusión de que a plumaxe de verán marrón críptica convértese nun lastre na neve e a plumaxe branca é, por tanto, outra adaptación críptica." Igualmente, indicou que "malia a plumaxe invernal, moitos lagópodos no nordés de Islandia morren a mans dos falcóns brancos durante o inverno."

Polifenismo estacional miniatura|O lagápodo escandinavo dos bosques do norte e a tundra cambia de plumaxe en inverno; a poboación británica (lagópodo vermello) non.

Algúns animais do extremo norte, como a lebre americana e a lebre ártica, raposo ártico, armiño e lagópodo cambian a cor da pelame ou plumaxe (pola muda de plumas ou crecemento de novo pelo) da cor marrón ou gris da camuflaxe de verán á branca do inverno; o raposo ártico é a única especie da familia dos cánidos que o fai. Porén, as lebres árticas que viven na parte máis setentrional do Canadá, onde o verán é moi curto, manteñen a cor branca todo o ano. Como estes animais de grupos taxonómicos moi diferentes evolucionaron por separado, a semellanza de coloración débese a evolución converxente, asumindo que a selección natural favorece unha determinada coloración nun ambiente particular.

O polifenismo estacional no lagópodo Lagopus lagopus difire entre as poboacións escocesas e escandinavas. En Escocia, ten dúas plumaxes (de época reprodutora e non reprodutora), mentres que en Escandinavia hai unha terceira plumaxe, un morfo de inverno. A base xenética disto non é o sistema do pigmento melanina, e é debido probablemente a cambios reguladores. O comportamento de femias en muda na primavera depende do estado en que se encontre a súa plumaxe: adoitan quedar sentadas sobre a neve se xa son predominantemente brancas, pero elixen o límite entre a neve e o chan sen neve cando teñen aínda máis plumas escuras. Parece que escollen o mellor compromiso entre a camuflaxe e a calidade da comida.

O cambio climático resultado do quecemento global está causando unha falta de correspondencia entre a coloración da pelame estacional nalgúns animais árticos como a lebre americana co incremento das paisaxes libres de neve.

+ Animais con polifenismo estacional Especies En verán En invernoLebre americana 180px180pxRaposo ártico 180px180px Armiño 180px180pxLagópodo 180px180px

Uso militar miniatura|Patrulla militar de esquiadores austro-húngara na fronte italiana con camuflaxe para a neve, 1915-1918 O principio de cambiar a coloración co cambio de estacións ten aplicacións militares.

Primeira guerra mundial

Na primeira guerra mundial, as posicións de tiro e de observación eran pintadas a man con padróns disrupivos por artistas chamados camufladores, e ás veces variaban os seus padróns estacionalmente. Os uniformes eran principalmente dunha soa cor, como o uniforme caqui británico; pero roupas para a camuflaxe na neve empezaron a usarse nalgúns exércitos en 1917. Por exemplo, as tropas austro-húngaras na fronte alpina italiana usaban esquís e vestían batas e sobrepantalóns con camuflaxe para a neve sobre os seus uniformes e teas brancas improvisadas sobre as gorras.

Segunda guerra mundial

Varios exércitos na Segunda guerra mundial en países do norte de Europa preferían usar uniformes de inverno específicos en troques de batas ou monos que se vestían sobre o uniforme. As Waffen-SS levaron isto un paso máis adiante, desenvolvendo os uniformes reversibles con debuxos diferentes para o verán e o outono, así como sobreuniformes brancos invernais para poñeren sobre o uniforme. Outras unidades alemás que loitaban no leste de Europa estaban ao principio mal equipadas para o inverno, tendo que apañarse cos seus uniformes de verán ordinarios, pero no inverno de 1942 a 1943 empezaron a chegarlles novos sobreuniformes brancos de dúas pezas con caparuza e longas luvas mitón. As tropas americanas en Europa no inverno de 1944 a 1945 improvisaron capas para a neve e cubertas para os cascos de tea branca como a das sabas de cama.

O Exército Vermello elaborou un informe titulado, "Tendencias tácticas e técnicas, Nº 17" en xaneiro de 1943 sobre a camuflaxe de tanques en inverno. Aconsellaba ou ben unha cor toda branca usando branco de cinc ou pintura branca de titanio para o combate en campo aberto e chairo, ou ben unha camuflaxe disruptiva de inverno de dúas cores para áreas máis variadas como "bosques, maleza, pequenas poboacións, zonas desxeadas de terra". As dúas cores podían obterse deixando sen pintar dun cuarto a un terzo da pintura de camuflaxe de verán do vehículo, ou repintando todo o vehículo de branco con manchas grises ou marróns cincentas. Aconsellábase ás unidades non pintar todos os vehículos de maneira idéntica, e deixar algúns tanques totalmente brancos, algúns brancos con raias verdes e algúns brancos con manchas grises ou marróns cincentas. A camuflaxe de inverno non estaba limitada á pintura: as pegadas de rodaxe deixadas na neve debían ser borradas, os vehículos aparcados cubertos, os faros dianteiros cubertos con tea branca, os refuxios construídos ou outros vehículos debían cubrirse con tea branca ou con tea escura sobre a que se espallaba neve.

+ Camuflaxe militar estacional na Segunda guerra mundial Exemplo En verán En invernoArma antitanque británica de dúas librasTropa de verán en British BattledressTropa de inverno con camuflaxe improvisada 180px 180px Soldados do Exército VermelloMonos de inverno con caparuza 180px 180px Artillaría finlandesaCamuflaxe de inverno imporvisado 180px 180px Soldados alemáns da Wehrmacht e blindadoUniformes de inverno de dúas partes 180px 130px

Posguerra

Posteriormente, no século XX, a medida que os uniformes de padrón disruptivo se foron xeneralizando, foron desenvolvéndose padróns con variantes de inverno como o Flecktarn, nos que a cor de fondo (como o verde) era substituída por branco para formar un Schneetarn (padrón de camuflaxe para a neve). Os avións despregados en inverno levan ás veces camuflaxe para a neve como o Sepecat Jaguar da táboa en exercicios en Noruega.

A camuflaxe para a neve fabrícase comercialmente para o seu uso por cazadores. Por exemplo, a compañía NaturalGear deriva os seus padróns de imaxes fotográficas usando "as cores da natureza".

+ Camuflaxe estacional desde a Segunda guerra mundial Exemplo En verán En invernoFlecktarn/Schneetarnpadróns de camuflaxe disruptiva180px180pxForzas de defensa finlandesaspadróns deserto/neve dixitais 180px180px Exército polacouniformes de verán/inverno 180pxJaguar Real Forza Aérea esquemas de pintura de verán/inverno 180px180px

Notas

Categoría:Camuflaxe Categoría:Camuflaxe militar