Claudette Colvin, nada en Montgomery (Alabama) o 5 de setembro de 1939, é unha auxiliar de enfermaría estadounidense, pioneira do movemento dos dereitos civís na década de 1950. O 2 de marzo de 1955 foi arrestada con 15 anos en Montgomery por negarse a ceder o seu asento a unha muller branca nun autobús segregado cheo de xente. Isto ocorreu nove meses antes do incidente máis coñecido en que Rosa Parks, secretaria da sección local da NAACP, axudou a acender o boicot aos autobuses de Montgomery de 1955.
Colvin foi unha das cinco demandantes no primeiro caso na corte federal presentado polo fiscal polos dereitos civís Fred Gray o 1 de febreiro de 1956, Browder v. Gayle, para desafiar a segregación nos autobuses da cidade. Nun xulgado do distrito, testificou ante tres xuíces que oíron o caso. O 13 de xuño de 1956, os xuíces determinaron que as leis locais e estatais sobre a segregación nos autobuses en Alabama eran inconstitucionais. O caso chegou á Corte Suprema dos Estados Unidos de América por unha apelación do estado, e que mantivo a decisión do xulgado do distrito o 17 de decembro de 1956. Tres días despois, a Corte Suprema afirmou a orde a Montgomery e ao estado de Alabama de que rematasen coa segregación, e entón cesou o boicot.
Durante moitos anos, os líderes negros de Montgomery non deron publicidade ao feito pioneiro de Colvin. Nese momento, era unha adolescente solteira, e supostamente quedou embarazada dun home casado. Colvin dixo que "a mocidade pensa que Rosa Parks só sentou nun bus e rematou a segregación, pero ese non foi o caso en absoluto". Está amplamente aceptado que Colvin non foi recoñecida nas campañas polos dereitos civís no seu tempo porque quedou embarazada pouco despois do incidente, e mesmo Rosa Parks dixo que "se a prensa branca conseguise esa información, aproveitaríana ao máximo. Chamaríana mala rapaza e o caso non tería oportunidade ningunha".Orixinal en inglés: "If the white press got ahold of that information, they would have [had] a field day. They'd call her a bad girl, and her case wouldn't have a chance."
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Phillip Hoose. Farrar, Straus and Giroux (BYR), Claudette Colvin, Twice Toward Justice. (2009). . Taylor Branch. Nova York, Simon & Schuster Paperbacks, Parting The Waters - American in the King Years 1954-63. (1988). .
Ligazóns externas The Other Rosa Parks (Colvin interview with Democracy Now!) She had a Dream Daybreak of Freedom: The Montgomery Bus Boycott (Preface) Daybreak of Freedom: The Montgomery Bus Boycott (Excerpt) "Browder v. Gayle: The Women Before Rosa Parks", Tolerance Vanessa de la Torre, "In The Shadow of Rosa Parks: 'Unsung Hero' of Civil Rights Movement Speaks Out", The Cardinal Inquirer, 2 de xaneiro de 2005 "She Would not be Moved", The Guardian "An asterisk, not a star, of black history", Pulsejournal Let us Look at Jim Crow for the Criminal he is; Claudette Colvin. The Rebellious Life of Mrs. Rosa Parks, Rosa Parks Biography
Categoría:Nados en Montgomery Categoría:Nados en 1939 Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana