Wang Zhenyi, (en chinés tradicional: 王貞儀; en chinés simplificado: 王贞仪; en pinyin: Wáng Zhēnyí; en Wade-Giles: Wang2 Chen1-yi2) nada en 1768 e finada en 1797 na China, foi unha afamada científica da dinastía Qing que rompeu as tradicións da súa época na que existía nas mulleres unha carencia de dereitos. Foi unha defensora do feminismo e formouse en matemáticas, astronomía e poesía (e noutros campos) de forma autodidacta, chegando a ser unha persoa brillante. Foi unha aclamada estudosa e "unha extraordinaria muller da China do século XVIII".

Obras Escribiu un total de 12 libros de matemáticas e astronomía, algúns máis salientabeis en relación á astronomía son:

Sobre a precesión dos equinoccios. Onde calcula e explica o movemento que fan os equinoccios. Sobre a lonxitude e as estrelas. Observacións no número de estrelas, na rotación solar, na Lúa e nalgúns planetas (Venus, Xúpiter, Marte, Mercurio e Saturno). Sobre a explicación dos eclipses luares. Relata o seu coñecemento sobre as eclipses lunares. Ela realizaba experimentos recreando as eclipses coa axuda dunha mesa redonda, unha lámpada de cristal colgada do teito e un espello, que eran a Terra, o Sol e a Lúa respectivamente. Movíaos conforme aos principios astronómicos e as súas observacións resultaron ser moi acertadas. A explicación da eclipse solar. Plasmou as súas observacións sobre a eclipse solar. Sobre a forma de bóla da Terra. Onde explica por que as persoas non caían da Terra. Relación entre as eclipses de sol e lúa.

No ámbito das matemáticas, os seus libros máis relevantes foron:

A explicación do teorema de Pitágoras e da trigonometría. Mostra o dominio que tiña da trigonometría. As bases do cálculo. Libro máis accesible e sinxelo que escribe sobre \textit{Principios do cálculo} escrito polo matemático Mei Wending. Os sinxelos principios do cálculo. Conseguiu simplificar as multiplicacións e divisións co obxectivo de que a súa aprendizaxe fora máis sinxela.

Notas

Véxase tamén Bibliografía The Preliminary Collection of Defeng Pavilion por Wang Zhenyi The History of the Qing Dynasty, vol. 508, The Biography of Wang Zhenyi. The Biographies of 700 Noted Personages of the Qing Dynasty, libro cuarto, The Biography of Wang Zhenyi, por Cai Guanluo. The Supplementary Collection of Biographies on Stone Tablets, vol. 509, The Biography of Wang Zhenyi por Min Erchang The Third Edition of the Biographies, vol. 7, por Zhu Kebao "The Preliminary Collection of the Classified Readings of the Dynasty," volume 228. Textual Research into Works by Women Writers in History, volume 7, por Hu Wenkai Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676

Ligazóns externas El universo de Wang Zhenyi no blog Mujeres con ciencia. Biografía na exposición Astrónomas.

Categoría:Nados en 1768 Categoría:Nados en Anhui Categoría:Finados en 1797 Categoría:Astrónomos da China Categoría:Científicos da China