Santa María a Real de Oseira é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 252 habitantes (139 homes e 113 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 389 habitantes.

Xeografía É a parroquia máis extensa do municipio de San Cristovo de Cea, ocupa aproximadamente un cuarto da totalidade do concello. Nela sitúase o mosteiro de Santa María de Oseira, noutrora centro neurálxico da comarca do Carballiño.

Cultura Toponimia Oseira (do latín ossum, "lugar onde hai osos"), o nome provén de "ursaria", terra onde habitan osos, pois era frecuente poder ver este tipo de animais pola zona. En galego antigo escrito coma Osseira (Osseyra), posteriormente ás veces castelanizado coma Osera ou OsseraMartín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970).

Festas Celébrase o 15 de agosto a festa en honor a Santa María a Real de Oseira. Aínda que a festa laica se fai o domingo que segue ó día 15.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Oseira

Parroquias de San Cristovo de Cea

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de San Cristovo de Cea

Categoría:Parroquias de San Cristovo de Cea Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María a Real