O grilo ceboleiro, Gryllotalpa gryllotalpa, é unha especie de insecto ortóptero da familia Gryllotalpidae nativo de Europa Occidental e norte de África, aínda que foi exportado ao leste de Asia, a América do Sur e ao leste dos Estados Unidos.
En galego tamén é coñecido como alacrán ceboleiro, carriola, corta, cortón, osa, ralo ou relo. Marcial Valladares chámao grilo-toupa. Eladio Rodríguez distingue entre o grilo ceboleiro ou grilo real e o grilo toupa.Define Grilo ceboleiro ou grilo real como "insecto groso de cabeza pequena, bastante longa, patas moi resistentes coas que abre galerías subterráneas. Abunda nas hortas, xardíns, terras de labor e nos montes". E grilo toupa como "moi parecido ó ceboleiro, porque abre galerías subterráneas en busca de alimento, como as toupas" (Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961, s. v. grilo). En castelán no orixinal.
Descrición miniatura|esquerda|Detalle da pata dianteira. É un dos insectos máis infrecuentes. O nome científico deriva do latín gryllus, que significa 'grilo' e talpa, que significa 'toupa' e refírese á similitude que ten este insecto coas toupas, polos seus hábitos subterráneos. As femias cavan cámaras onde coidan os seus ovos. Os machos, máis pequenos, cávanas para facer o seu canto máis forte e atraer ás femias, as súas patas tamén serven para defender os seus territorios. Aínda que poden manifestar condutas agresivas e o seu aspecto parece ameazador, son inofensivos para o home.
O corpo é de cor marrón e cuberto por unha fina capa de pelo, e as súas patas dianteiras son grandes e preparadas para cavar. Só na etapa adulta teñen ás e voan dunha maneira torpe e en raras ocasións pola noite. A lonxitude do corpo dos machos é de aproximadamente 35 a 41 mm e o das femias de 40 a 46 mm.
Hábitat e distribución xeográfica O hábitat ideal é de céspede curto en zonas areosas ou turbosas de Europa (excepto Noruega e Finlandia), o oeste de Asia e o norte de África. Tamén foi introducido accidentalmente nos Estados Unidos, onde se segue difundindo, en América do Sur, e tamén en Menorca e Eivisa (casos puntuais).
Bioloxía Os ovos son postos en cámaras subterráneas sobre finais de xullo. Nacen de dez a vinte días despois e a femia gárdaos durante outras dúas ou tres semanas. As ninfas comezan a madurar a partir da primavera seguinte aínda que algunhas non maduran até o terceiro ano desde a posta. Os adultos e as ninfas poden ser atopados durante o ano en túneles que poden alcanzar unha profundidade de até un metro. Son omnívoros. Poden chegar a ser unha ameaza para os cultivos. esquerda|miniatura|Grilo ceboleiro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas https://www.youtube.com/watch?v=5sANo9OtknU
Categoría:Fauna de Galicia Categoría:Insectos