A Biblioteca de Autores Galegos é unha colección de 90 libriños correspondentes a 63 obras da literatura galega, case todas en lingua galegaEn lingua castelá incluíu La magdalena de Proust de Costa Clavell e Los pazos de Ulloa de Pardo Bazán. e case todas de autores consagradosComo obra e autor menos coñecidos pode mencionarse Dous rapaces en apuros de Pilar Martínez Gómez., publicada de 1991 a 1992 por Diario 16 de Galicia, coa colaboración da Editorial Galaxia e o patrocinio de Caixavigo e a Caixa de Pontevedra. Segundo a Diciopedia do século 21 "foi unha experiencia anovadora para popularizar o libro en galego".
A distribución da colección coincidiu no tempo con outra de formato moi semellante, a Biblioteca 114 de El Correo Gallego.
Descrición É unha edición non venal, encadernada en cartolina ilustrada, que foi distribuída conxunta e inseparablemente co xornal. A dirección estivo a cargo de Xosé Miguel Alonso Boó e o debuxo da cuberta é obra de Gallego & Rey, que representa a Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ao redor dun enorme libro no que están a pintar con pintura azul a Bandeira de Galicia.Imaxe da cuberta do número 73: A lúa vai encoberta de Manuel María. Curiosamente, a colección non inclúe ningunha obra de Cabanillas.
Títulos e autores da colección 01 Sempre en Galiza I de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 02 Sempre en Galiza (II) de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 03 Os escuros soños de Clío de Carlos Casares 04 Follas novas I de Rosalía de Castro 05 Follas novas II de Rosalía de Castro 06 Tesouros novos e vellos de Álvaro Cunqueiro 07 Pan de Xosé Neira Vilas 08 A gaita galega I de Xoán Manuel Pintos 09 A gaita galega II de Xoán Manuel Pintos 10 Contos de santos e Nadal de Ramón Otero Pedrayo 11 Queixumes dos pinos I de Eduardo Pondal. 12 Queixumes dos pinos II de Eduardo Pondal. 13 Queixumes dos pinos III de Eduardo Pondal. 14 Queixumes dos pinos IV de Eduardo Pondal. 15 Morrer en Castrelo do Miño de Xosé Fernández Ferreiro 16 Poemas galegos I de Eduardo Blanco Amor 17 Poemas galegos II de Eduardo Blanco Amor 18 Cantares gallegos I de Rosalía de Castro 19 Cantares gallegos II de Rosalía de Castro 20 Aires da miña terra e outros poemas I de M. Curros Enríquez 21 Aires da miña terra e outros poemas II de M. Curros Enríquez 22 Aires da miña terra e outros poemas III de M. Curros Enríquez 23 Terra brava de Ánxel Fole 24 Quintana viva I de Xosé Filgueira Valverde 25 Quintana viva II de Xosé Filgueira Valverde 26 Os mortos daquel verán I de Carlos Casares 27 Os mortos daquel verán II de Carlos Casares 28 Memorias dunha terra I de Xosé María Castroviejo 29 Memorias dunha terra II de Xosé María Castroviejo 30 No corazón mancado de Xosé Vázquez Pintor 31 Voltar de Xavier Alcalá 32 A lingoaxe i as lingoas de Ramón Piñeiro 33 Estacións ao mar de Xohana Torres 34 O acomodador e outras narracións I de Marcial Suárez 35 O acomodador e outras narracións II de Marcial Suárez 36 O acomodador e outras narracións III de Marcial Suárez 37 Á lús do candil I de Ánxel Fole 38 Á lus do candil II de Ánxel Fole 39 Extramuros da noite de Román Raña 40 Territorios de Lino Braxe 41 De catro a catro I de Manuel Antonio 42 De catro a catro II de Manuel Antonio 43 Cantigas de Santa María do Rei don Alfonso 44 O mesón dos ermos de Ramón Otero Pedrayo 45 Narracións e outras prosas de Alfonso Daniel R. Castelao 46 O reverso do espello I de Xosé Ramón Pena 47 O reverso do espello II de Xosé Ramón Pena 48 Dous rapaces en apuros de Pilar Martínez Gómez 49 Antón e os inocentes I de Xosé Luís Méndez Ferrín 50 Antón e os inocentes II de Xosé Luís Méndez Ferrín 51 Proel de Luís Amado Carballo 52 Sombreiro de aba ancha de Ramiro Fonte 53 Prosa e contos de Luís Amado Carballo 54 Decálogo da lingua galega de Xesús Alonso Montero 55 Romarías e santuarios I de Antonio Fraguas Fraguas 56 Romarías e santuarios II de Antonio Fraguas Fraguas 57 Romarías e santuarios III de Antonio Fraguas Fraguas 58 O galo e poemas soltos de Luís Amado Carballo 59 Historia do rock and roll de Antón R. Reixa 60 Contos interruptos de Manuel Forcadela 61 Antoloxía poética de Darío Xohán Cabana 62 Catecismo d'a doutrina labrega de Valentín Lamas Carvajal 63 As trazas do demo de Manoel Riveiro Loureiro 64 As peregrinacións xacobeas I de F. Fernández del Riego 65 As peregrinacións xacobeas II de F. Fernández del Riego 66 O anano enredador de Xavier López Rodríguez 67 Escolma de poesía medieval I de X. M. Álvarez Blázquez 68 Escolma de poesía medieval II de X. M. Álvarez Blázquez 69 Escolma de poesía medieval III de X. M. Álvarez Blázquez 70 La magdalena de Proust I de Xavier Costa Clavell 71 La magdalena de Proust II de Xavier Costa Clavell 72 O Castelo de Pambre de Antonio López Ferreiro 73 A lúa vai encoberta de Manuel María 74 Pé das Burgas I de Francisco Álvarez de Nóvoa 75 Pé das Burgas II de Francisco Álvarez de Nóvoa 76 Os contos do xílgaro de Xoán Babarro e outros Amais do conto en galego estandarizado de Babarro, inclúe seis contos escritos nas variedades do galego de Asturias, León e Zamora: Alpeirada de Xesús Álvarez Valdés; Condo iou era nena de María Luz Fernández González; El tesouro dos Bauer de Xosé Máximo Fernández López; Furaco mouro no ozono de Manuel García Sánchez «Galano»; A pomba de Lucas de Cándido Sanjurjo Fernández e El xardineiro, a princesa e el dragón de Francisco Xabier Frías Conde. 77 Néveda de Francisca Herrera Garrido 78 Non debían medrar de Manuel Lueiro Rey 79 Antre dous séculos de Gerardo Álvarez Limeses 80 A lúa no probador de Fran Alonso 81 Cantares gallegos de Manuel Leiras Pulpeiro 82 Nos picoutos de Antoín de Leandro Carré Alvarellos 83 Los pazos de Ulloa I de Emilia Pardo Bazán 84 Los pazos de Ulloa II de Emilia Pardo Bazán 85 Antre a terra e o ceo I de Rafael Dieste 86 Antre a terra e o ceo II de Rafael Dieste 87 A cidade dos alemáns de Xosé Domínguez González 88 Historias como Barcelona de Margarita Ledo Andión 89 Que enterren o meu corazón en Loureses de M. Mandianes 90 Vida, obra e milagres de Xan da Coba de Alonso Montero e C. Casares
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Biblioteca 114 Biblioteca Básica da Cultura Galega Biblioteca das Letras Galegas Biblioteca Galega 120
Categoría:Coleccións literarias en lingua galega
Categoría:Listas de libros Categoría:1991 en Galicia