Kathleen Hanna, nada en Portland o 12 de novembro de 1968, é unha roqueira, activista e escritora estadounidense.
Traxectoria Foi unha das fundadoras e cantante do grupo de punk rock Bikini Kill a principios dos anos 90 e actualmente forma parte do grupo de música electro post-punk Le Tigre, de carácter tamén feminista. En 1998, Hanna editou un disco en solitario baixo o nome de Julie Ruin. Hanna tamén escribiu sobre o feminismo e a arte, e colaborou cun gran número de músicos, aparecendo en discos de Atari Teenage Riot, Joan Jett, The Rickets, Green Day, Internal/External ou Mike Watt.
Categoría:Cantantes de Oregón Categoría:Nados en Portland, Oregón Categoría:Nados en 1968 Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Artistas feministas