upright|miniatura|Musa sincronizando dúas cítaras. Detalle do interior dunha cunca antiga de fondo branco.

A música (do grego: μουσική [τέχνη] - mousikē [téchnē], "a arte das musas") é, segundo a definición tradicional do termo, a forma de arte consistente en combinar lóxica e sensibelmente os sons e silencios coa finalidade de crear unha determinada sensación ou emoción no oínte. De todos xeitos, desde hai varias décadas a definición do concepto de "música" volveuse máis complexa, debido a que destacados compositores realizaron experiencias que, se ben son musicais, traspasan os límites da definición desta arte.

A creación, a execución, a importancia e incluso a definición da música varían de acordo coa cultura e o contexto social. A música abarca desde composicións estritamente organizadas, ata a música baseada na improvisación. A música pode dividirse en xéneros e subxéneros, a pesar de que as liñas divisorias e as relacións entre os xéneros son a miúdo moi sutís, ás veces abertas á interpretación individual, e en ocasións polémicas.

A música, como toda manifestación artística, é un produto cultural. Porén, pode utilizarse con intención artística ou mesmo estética, para fins comunicativas, para entretemento, ou con propósitos cerimoniais ou relixiosos, ademais de ser utilizada por moitos compositores exclusivamente como instrumento para o estudo académico.

Definición de música

Atendendo ás profundas raíces da súa historia, a música enténdese coma unha práctica cultural que pode posuír ou non unha dimensión artística, pero que consiste nunha combinación deliberada de sons e silencios.

De todos xeitos, as definicións parten do seo dunha cultura, polo que o sentido das expresións musicais vese afectado por cuestións múltiples (psicolóxicas, sociais, culturais e históricas). Deste xeito, xorden moitas e moi diversas definicións que poden ser válidas no momento e contexto de expresar o que se entende por música.

A definición máis amplamente aceptada refírese a concibir a música como sonoridade organizada (segundo unha formulación perceptíbel, coherente e significativa). Esta definición parte de que, naquilo ao que en consenso se pode denominar "música", pódense percibir certos patróns do fluxo sonoro en función de como as propiedades do son son aprendidas e procesadas polos seres humanos e demais animais (aves e insectos tamén producen e comprenden a súa "música").

Tradicionalmente existiu unha división entre son e ruído, considerándose sons aqueles estímulos percibidos de altura definida (unha frecuencia, calquera que esta fose) e ruído ou de altura indefinida, pertencendo só o son ao dominio da música. Isto cambiou coa música concreta e hoxe considérase que todo o que se ouve pode ser música.

Poderíase dicir que a música é a arte de ordenar os sons no tempo.

Historia da música

Orixes e prehistoria miniatura|upright|A frauta Divje Babe, o instrumento musical máis antigo coñecido. Está feito a partir do óso do fémur dun oso das cavernas. A miúdo se debate ata que punto chegaranse a comprender os orixes da música, e hai moitas teorías que tentan explicalo. Moitos estudosos destacan unha relación entre a orixe da música e a orixe da linguaxe, e hai desacordo sobre se a música se desenvolveu antes, despois ou simultaneamente coa linguaxe. Unha fonte semellante de discordia en torno a se a música foi o resultado intencional da selección natural ou foi un subproduto da evolución. A teoría máis influente foi a proposta por Charles Darwin en 1871, quen afirmou que a música xurdiu como forma de selección sexual, quizais a través das chamadas do apareamento. A perspectiva orixinal de Darwin foi moi criticada polas súas incoherencias con outros métodos de selección sexual, aínda que moitos estudosos do século XXI desenvolveron e promoveron a teoría. Outras teorías pensan que a música xurdiu para axudar a organizar o traballo, mellorar a comunicación a longa distancia, beneficiar a comunicación co divino, axudar á cohesión da comunidade ou como defensa para escorrentar aos depredadores.

A música prehistórica só se pode teorizar baseándose nos achados dos xacementos arqueolóxicos do paleolítico. A miúdo descóbrense frautas talladas a partir de ósos nos que se practicaron orificios laterais; crese que se sopraban por un extremo, como o xaponés. Pénsase que a frauta Divje Babe, tallada nun fémur dun oso das cavernas, ten polo menos 40.000 anos de antigüidade, aínda que hai un debate considerable sobre se é verdadeiramente un instrumento musical ou un obxecto formado por animais. Instrumentos como a frauta de sete buratos e varios tipos de instrumentos de corda, como o ravanahatha, foron recuperados dos xacementos arqueolóxicos da civilización do val do Indo.

A India ten unha das tradicións musicais máis antigas do mundo; as referencias á música clásica india (marga) atópanse nos Vedas, antigas escrituras da tradición hindú.

A maior e máis antiga colección de instrumentos musicais prehistóricos, datados entre o 7000 e o 6600 a.C., atopouse na China. Antigüidade miniatura|upright|esquerda|Músicos de Amón, Tumba de Nakht, XVIII dinastía, Tebas occidental Os antigos exipcios atribuíron a un dos seus deuses, Thoth, a invención da música, e Osiris, á súa vez, utilizouno como parte do seu esforzo por civilizar o mundo. Os primeiros testemuños materiais e representativos de instrumentos musicais exipcios remóntanse o período predinástico, pero os testemuños están máis firmemente testemuñados no Reino antigo, cando se tocaban a arpa, a frauta e o clarinete dobre.Music of Ancient Egypt . Kelsey Museum of Archaeology, Universidade de Míchigan, Ann Arbor. Os instrumentos de percusión, as liras e os laúdes incorporáronse ás orquestras durante o Reino Medio. Os címbalos adoitaban acompañar á música e a danza, tal e como se segue facendo hoxe en día en Exipto. A música folclórica exipcia, incluídos os rituais dhikr sufíes tradicionais , son o xénero musical contemporáneo máis próximo á música exipcia antiga, xa que conservaron moitas das súas características, ritmos e instrumentos.

O "Himno hurrita a Nikkal", atopado en táboas de arxila que se remontan a aproximadamente 1400 a. C., é a obra musical máis antiga que se conserva

A música era unha parte importante da vida social e cultural na Grecia antiga, de feito era unha das principais materias que se ensinaban aos nenos. A educación musical considerábase importante para o desenvolvemento da alma dun individuo. Músicos e cantantes desempeñaron un papel destacado no teatro grego,Savage, Roger. "Incidental music", Grove Music Online. Oxford Music Online, acceso 13 de agosto de2012 e os que recibían educación musical eran vistos como nobres e en perfecta harmonía (como se pode ler na República de Platón). Os coros mixtos actuaban en espectáculos, celebracións e cerimonias espirituais. Entre os instrumentos atopábanse o aulos, de dobre lengüeta, e un instrumento de corda pulsada, a lira, principalmente un tipo especial chamado kithara. A música era unha parte importante da educación, e aos nenos ensínaselles música a partir dos seis anos. A alfabetización musical grega creou un importante desenvolvemento musical. A teoría musical grega incluía os modos musicais gregos, que finalmente se converteron na base da música relixiosa occidental e da música clásica. Máis tarde, influencias do Imperio Romano, da Europa Oriental e do Imperio Bizantino cambiaron a música grega. O epitafio de Seikilos é o exemplo máis antigo que se conserva dunha composición musical completa, incluída a notación musical, de calquera parte do mundo. A obra máis antiga que se conserva escrita sobre o tema da teoría musical é Harmonika Stoicheia de Aristoxenos.

Culturas asiáticas miniatura|esquerda|upright|Mujeres indias vestidas con vestimentas rexionais tocando unha variedade de instrumentos musicais populares en diferentes partes da India. A música clásica india (marga) é unha das tradicións musicais máis antigas do mundo. A civilización do val do Indo ten esculturas que mostran danzas e instrumentos musicais antigos, como a frauta de sete buracos. Recuperáronse varios tipos de instrumentos de corda e tambores de Harappa e Mohenjo-daro mediante escavacións realizadas por Mortimer Wheeler. O rigveda, un antigo texto hindú, ten elementos da música india actual, cunha notación musical para denotar a métrica e o modo de cantar. A música clásica india é monofónica e baséase nunha soa liña melódica ou raga, organizada rítmicamente a través de tallas. Silappadhikaram de Ilango Adigal proporciona información sobre como se poden formar novas escalas mediante o cambio modal da tónica dunha escala existente. A música hindi actual foi influenciada pola música tradicional persa e polos mogois afgáns. A música carnática, popular nos estados do sur, é en gran parte devocional; a maioría das cancións están dirixidas ás deidades hindús. Tamén hai moitas cancións que salientan o amor e outros temas sociais. miniatura|upright|Indonesia é o berce do gong chime, do que hai moitas variantes en toda Indonesia, especialmente en Xava e Bali.|esquerda A música indonesia formouse desde que a cultura da Idade de Bronce emigrou ao arquipélago indonesio nos séculos II ao III a.C. A música tradicional indonesia adoita empregar instrumentos de percusión, especialmente kendang e gongs. Algúns deles desenvolveron instrumentos musicais elaborados e distintivos, como o instrumento de corda sasando na illa de Rote, o angklung sundanés e as complexas e sofisticadas orquestras gamelans xavanesas e balinesas. Indonesia é o fogar do gong chime, un termo xeral para un conxunto de gongs pequenos e agudos. Os gongs adoitan colocarse por orde de notas, co xefe sobre unha corda suxeita nun marco baixo de madeira. A forma máis popular e famosa da música indonesia é probablemente o gamelan, un conxunto de instrumentos de percusión afinados que inclúen metalófonos, tambores, gongs e violíns de puas xunto co suling de bambú.

A música clásica chinesa, a arte tradicional ou a música da corte da China, ten unha historia que se remonta a uns tres mil anos. Ten os seus propios sistemas únicos de notación musical, así como afinación e ton musical, instrumentos e estilos musicais ou xéneros musicais. A música chinesa é pentatónica-diatónica, cunha escala de doce notas a unha oitava (5 + 7 = 12) do mesmo xeito que a música de influencia europea. Antiga Grecia

A música era unha parte importante da vida social e cultural na Antiga Grecia. Os músicos e cantantes desempeñaron un papel destacado no teatro grego. Realizábanse interpretacións de coros mixtos para o entretemento, a celebración e cerimonias espirituais. Os instrumentos incluían o aulós de dobre lengüeta e un instrumento de corda pulsada, a lira, principalmente do tipo especial chamado kithara. A música era unha parte importante da educación e aos nenos ensinábaselles música a partir dos seis anos. A alfabetización musical grega creou un florecemento do desenvolvemento musical. Antiga Roma

miniatura|upright|Trío de músicos tocando aulós, cymbala e tympanum (mosaico de Pompeya).

A música da Antiga Roma foi parte da cultura romana desde os tempos máis remotos. As cancións (carmen) eran unha parte integral de case todos os eventos sociais. O Carmen saeculare de Horacio, por exemplo, foi encargado por Augusto e interpretada por un coro mixto de nenos nos xogos seculares do 17 a. C. A música era habitual nos funerais e a morna (o aulós grego), un instrumento de vento-madeira, tocábase nos sacrificios para protexerse das malas influencias. Baixo a influencia da teoría grega antiga, pensábase que a música reflectía a orde do cosmos e asociábase particularmente coas matemáticas e o coñecemento.

A música etrusca tivo unha influencia temperá na cultura dos romanos. Durante o período imperial, os romanos levaron a súa música ás provincias, mentres que as tradicións de Asia Menor, África do Norte e a Galia convertéronse en parte da cultura romana.