Sadio Mané, nado o 10 de abril de 1992 en Sédhiou, é un futbolista senegalés. Xoga de dianteiro ou extremo e o seu actual club é o Bayern de Múnic, da Bundesliga alemá. É internacional coa selección do Senegal, da que é o máximo goleador histórico (33 tantos) e o terceiro futbolista con máis partidos (91).

Traxectoria Mané debutou como futbolista profesional o 14 de xaneiro de 2012 no FC Metz, nun partido da Ligue 2 francesa contra o SC Bastia.

O 31 de agosto de 2012 fichou polo FC Red Bull Salzburg austríaco a cambio de 4 millóns de euros.

O 1 de setembro de 2014 fichou polo Southampton FC da Premier League inglesa a cambio de 11.8 millóns de libras, asinando co equipo inglés un contrato por catro anos.

O 28 de xuño de 2016, o Liverpool FC da Premier League inglesa fixo oficial a fichaxe de Mané a cambio de 34 millóns de libras, e asinou cos Reds un contrato de catro anos. O 22 de novembro de 2018, Mané e o Liverpool chegaron a un acordo para a ampliación do seu contrato.

Palmarés Red Bull Salzburg Bundesliga austríaca (1): 2013/14. Copa de Austria (1): 2013/14.

Liverpool Premier League (1): 2019/20. FA Cup (1): 2021/22. EFL Cup (1): 2021/22. Liga de Campións da UEFA (1): 2018/19. Supercopa de Europa (1): 2019. Copa Mundial de Clubs (1): 2019.

Senegal Copa de África (1): 2021.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Soccerbase.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados no Senegal Categoría:Futbolistas olímpicos do Senegal Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FC Metz Categoría:Xogadores do Red Bull Salzburg Categoría:Xogadores do Southampton FC Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Senegal Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2018