miniatura|250px|Barbas ou baleas da balea alibranca (esquerda) e da balea azul (dereita).
Os animais consumidores de alimentos sólidos divídense en micrófagos e macrófagos segundo o tamaño das partículas dós alimentos inxeridos en relación ao seu propio tamaño.
Etimoloxía Os termos micrófago, e o seu derivado microfaxia, "cualidade do micrófago", están formados polos elementos micro- e -fago e -faxia, dericados do grego antigo μικρός mikrós, "pequeno" e do elemenro -φαγία -phagía, derivado do verbo φαγεῖν phageîn, "comer".
Animais micrófagos Os animais micrófagos nútrense de presas minúsculas, ou de partículas orgánicas microscópicas. Por iso, estas materias deben seren inxeridas en gran cantidade. Estas partículas van desde restos orgánicos duns poucos nanómetros até pquenos moluscos e crustáceos, como o krill, do que se alimentan os cetáceos misticetos, filtrando estes elementos nutritivos da auga coas súas barbas,barba, 1º artigo, 7ª acep. no Dicionario da RAG. ou baleas.<ref>2ª acep. no Dicionario da RAG.</ref>
Os sistemas de inxestión de alimentos son variados: pestanas vibrántiles que aseguran unha corrente de auga e/ou de mucus, incluíndo partículas en moluscos e tunicados, por exemplo; estruturas filtrantes en crustáceos, flamengos e baleas ou, nalgunhas especies como as miñocas ou o verme Arenicola marina'', que inxiren de xeito indiscriminado todo o ambiente que os rodea e que contén partículas de alimento.
No chan, os micrófagos poden ser colémbolos, algún ácaros, nematodos ou larvas de dípteros, que se alimentan dos seres vivos máis pequenos, algas, protozoos, fungos, e bacterias.
Clasificación Entre os organismos desta categoría encóntranse:
Sedimentívoros: Son aqueles que procesan o todo o sedimento, inxeríndoo sobre todo para dixeriren os pequenos organismos vivos que contén ou outra materia aproveitábel.micrófagos. Un exemplo sería a miñoca (anélidos). Filtradores: Son os que se alimentan de partículas orgánicas ou seres vivos de pequeno tamaño que viven suspendidos na auga, como as esponxas. Para poder proceder á súa alimentación, os animais filtradores desrenvolveron distintas maneiras de reter o alimento que pode estar no fitoplancto ou no zooplancto, ou seren pequenos crustáceos e bacterias. Fitófagos (ás veces chamados, impropiamente, herbívoros): Aliméntanse de plantas vivas, murchas ou mortas. Parasitos: Son organismos que vive sobre un organismo hospedeiro ou no seu interior, alimentándose a expensas do hóspede. Hai tres clases importantes de parasitos que poden provocar enfermidades nos seres humanos: protozoos, platihelmintos e ectoparasitos. Aliméntanse a costa doutros animais sen chegar, normalmente, a matalos. Preeiros: Consomen os cadáveres doutros animais.
Notas
Categoría:Alimentación Categoría:Ecoloxía Categoría:Termos zoolóxicos